Museo Nacional de Praga

O Museo nacional (en checo: Národní muzeum) é un dos principais museos de Praga. Ocupa un edificio neorrenacentista situado no alto da Praza de Venceslau, a principal da cidade. O seu vestíbulo central serve tamén de panteón dos grandes checos.

Národní muzeum.

Historia editar

Fundouse en 1818 como Museo patriótico de Bohemia (Vlastenecké muzeum v Čechách). En 1848 toma o nome de Museo checo (České muzeum), de 1854 a 1919 o de Museo Real checo (Muzeum Království českého). O edificio ocupado polo museo é obra do Josef Schulz, o arquitecto do Teatro Nacional de Praga, construído na mesma época (1885-1890).

Desde hai 150 anos o museo domina a praza de Venceslau e é un símbolo ineludible da cultura e a nación checas. En agosto de 1968, trala Primavera de Praga, a súa fachada foi danada polos tiros dos tanques das unidades do Pacto de Varsovia que invadiran Praga e tomaban posición ao redor dos estudos da Radio Checoslovaca, situados non lonxe de alí.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar