Mayda Insula é unha illa situada no norte do gran lago Kraken Mare, un lago de hidrocarburos que está dentro do polo norte da lúa de Saturno, Titán. Recibiu o seu nome oficial o 11 de maio do 2008 en relación a Mayda, unha lendaria illa do nordeste do atlántico norte.[2]

Mayda Insula
Unha imaxe de radar da grande illa situada no norte do Kraken Mare.
Tipo de accidente xeolóxico Insula
Accidente xeolóxico de Titán
Dimensións 90 x 150 km[1]
Coordenadas 79° N 310° O [1]
Procedencia do nome Mayda, unha lendaria illa do nordeste do atlántico norte[2].
* O norte apunta cara a esquina inferior esquerda.

A illa posúe unha dimensións de 90 x 150 kms, ten aproximadamente o mesmo tamaño cá Illa Kodiak de Alasca e cá illa principal do arquipélago de Hawai. Hoxe en día e despois da obtención de imaxes por radar, sospéitase que esta illa non é realmente unha illa, senón que é unha península conectada a terra por un longa aínda que posiblemente estreita ponte de terreo firme.[1]

O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar foi escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño é moito máis grande, coma así reflicte a imaxe de fondo feita no espectro visible.

Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Podemos ver ó completa cara a esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco podemos ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula, máis o norte (case sobre o polo) podemos ver parte do Punga Mare.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 JPL (ed.). "PIA09180: Titan: Larger and Larger Lakes" (en inglés). Consultado o 23/04/2010. 
  2. 2,0 2,1 Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Insula, insulae: Mayda Insula on Titan" (en inglés). Consultado o 13-04-2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar