A Illa Kodiak é unha illa do estado norteamericano de Alasca. É unha grande illa na costa sur de Alasca, separada do continente polo Estreito de Shelikof.

Illa Kodiak
Qikertaq
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca
ArquipélagoArquipélago Kodiak
MarOcéano Pacífico
Coordenadas57°28′N 153°26′O / 57.467, -153.433
Xeografía
Superficie8.975 km²
Longura máxima163 km.
Largura máxima13-96 km.
Punto máis alto1.353 m. Koniag Peak
Demografía
CapitalKodiak (pob. 6130)
Poboación13.592 (2010)

É a maior illa de Alasca e a segunda maior illa dos Estados Unidos, despois da Illa Grande de Hawai, con 8.975 km² de superficie. Ten 160 km de lonxitude e varía entre 16 e 96 km de largo. A Illa Kodiak é a maior do Arquipélago Kodiak.

A Illa Kodiak é montañosa e densamente cuberta de vexetación nas vertentes norte e leste, e escasamente boscosa no sur. Posúe numerosas baías protexidas do xeo, ideais para o atraque de embarcacións.

A maior parte da illa é un refúxio da vida selvaxe. O oso de kodiak e o caranguexo xigante de kodiak son especies nativas da illa.

A illa foi explorada en 1763 polo comerciante de peles ruso Stepan Glotov. Foi o primeiro sitio de Alasca onde se estabeleceu unha ocupación permanente rusa, por iniciativa de Grigory Shelikhov en 1784. A colonia moveuse para onde hoxe esta a localidade de Kodiak en 1792 tornandose o centro do comercio de peles ruso. En 1912 o Novarupta ten unha erupción no continente pero que cobre a illa con cinza volcánica, causando unha vasta devastación e perda de vidas. A illa foi igualmente alcanzada por un forte sismo no Venres Santo de 1964 e o subseguinte tsunami.

En 1998 a Corporación para o Desenvolvemento Aeroespacial de Alasca comezou os traballos para construír o Complexo de Lanzamento Kodiak, hoxe en día coñecido como Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca, un centro de lanzamento de foguetes espaciais.

A illa de Kodiak é parte do Distrito da Illa Kodiak Island. A maior localidade é Kodiak. Outras localidades són Ahkiok, Old Harbor, Karluk, Larsen Bay, Port Lions e Ouzinki.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar