Un matraz é un recipiente, xeralmente de vidro, empregado en laboratorios que se caracteriza por ter un colo, normalmente longo e estreito, e que se emprega como un continente de líquidos ou disolucións.

Matraces

Existen diferentes tipos de matraces[1], cada un dos cales ten un uso diferente:

  • Matraz volumétrico: matraz con forma de pera, de fondo plano, con colo longo e estreito e cunha marca que indica a capacidade de volumétrica exacta. Emprégase principalmente para preparar solucións de concentración coñecida.
  • Matraz de destilación: matraz de fondo esférico empregado para facer destilacións. Por iso, ten o colo longo e na metade del conta cunha saída inclinada cara a abaixo, o que permite a conexión cun refrixerante.
  • Matraz de Claisen: matraz de destilación que conta con dúas bocas, unha das cales se emprega para conectar un termómetro).
  • Matraz erlenmeyer ou erlenmeyer: matraz con forma de cono truncado deseñado polo químico inglés Emil Erlenmeyer.
  • Matraz kitasato ou kitasato: matraz deseñado polo científico xaponés Kitasato Shibasaburō, con forma de cono truncado, con paredes grosas e cunha saída perpendicular no colo que permite conectalo a unha  trompa de baleiro.
  • Matraz de Kjeldahl: matraz con forma de pera e colo longo, deseñado polo químico danés Johan Kjeldahl, que se emprega para realizar dixestións e mineralizacións de substancias, especialmente a determinación do nitróxeno total dunha mostra.

Notas editar

  1. "Material dun laboratorio químico: recoñecemento e manexo" (PDF). Funil.gal. Consultado o 11/03/2017.