Matraz erlenmeyer

O matraz erlenmeyer, tamén coñecido como erlenmeyer é un matraz con forma de cono truncado deseñado polo químico inglés Emil Erlenmeyer,[1] e un dos recipientes de vidro máis amplamente utilizados no traballo de laboratorio.

Matraz erlenmeyer de 50 ml

Función editar

Emprégase para armar estruturas de destilación ou para provocar a reacción de substancias que precisan un longo período de quecemento; e tamén para conter líquidos que se queren conservar durante longos períodos de tempo, ou protexer da incidencia directa da luz solar.

Técnicas en que se usa editar

Emprégase para realizar mesturas por axitación e para a evaporación controlada de líquidos, xa que a súa forma troncocónica evita en gran medida a perda do líquido; ademais ao dispor dun colo estreito é posible tapalo con rollas, sobre todo das de tipo esmerilado, ou con algodón hidrófobo.

Tamén se emprega no canto do clásico vaso de precipitados cando é preciso axitar constantemente un medio líquido (como ocorre nas titulacións) sen perigo de derramalo, ou cando se traballa con reaccións químicas violentas.

Serve tamén para quentar substancias a temperaturas altas aínda que non vigorosamente; para esta tarefa é máis acaído o matraz de destilación.

En microbioloxía emprégase para preparar caldos de cultivo.

Notas editar

  1. "Erlenmeyer Flask: Function & Dimensions". Study.com. Consultado o 12/07/2017. (require rexistro (?)).