Martha Sánchez Néstor

Martha Sánchez Néstor, nada en Xochistlahuaca, Guerrero o 4 de febreiro de 1974 e finada en Ometepec, Guerrero o 30 de xullo de 2021,[1][2] foi unha líder indíxena do pobo amuzgo e unha feminista mexicana.[3]

Infotaula de personaMartha Sánchez Néstor
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1974 Editar o valor em Wikidata
Xochistlahuaca, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xullo de 2021 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Ometepec, México (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Durante a súa adolescencia, migrou do seu lugar de orixe, situado no concello de Xochistlahuaca, a Chilpancingo para realizar os seus estudos.[4] Alí traballou no Consello Estatal Electoral, lugar no que coñeceu a outras mulleres con intereses políticos e encargadas da defensa dos dereitos das mesmas. Nese contexto deu inicio a súa participación na defensa dos dereitos das mulleres.

En 1994, incorporouse a traballar no Consello Guerrerense 500 Años de Resistencia Indígena e máis tarde, foi fundadora do Consello da Nación Amuzga Ñe cwii ñ'oom A.C. e da cooperativa de tecedoras Flores de la Tierra Amuzga.[4] Colaborou na creación da Convención Nacional Democrática na Selva Lacandona.

En 2004, participou na conformación da Coordinadora Guerrerense de Mulleres Indíxenas (CGMI), que reuniu ás catro etnias de Guerrero: amuzga, mixteca, náhuatl e tlapaneca. Alí escribiu con outra líder indíxena, Libni Iracema Dircio Chautla, e a académica Gisela Espinosa Damián, a obra titulada "Una nueva intelectualidad femenina en los pueblos indígenas de Guerrero" (Espinosa, Libni, Chautla e Sánchez Néstor, 2010).[5]

Foi unha das defensoras de dereitos das mulleres indíxenas máis sobresalientes pola súa participación na loita polo recoñecemento dos seus dereitos. Pertenceu á Directiva da Coordinación Estatal Indíxena e Afromexicana, foi coordinadora da Alianza de Mulleres Indíxenas de Centroamérica e México, é membro voceira do Consello Directivo do Instituto de Liderado Simone de Beauvoir, así como membro do Consello Cidadán para a Promoción e Defensa dos Dereitos Políticos das Mulleres do INMUJERES.[3]

Morte editar

Martha Sánchez Néstor faleceu o 30 de xullo do 2021, en Ometepec, Guerrero, por complicacións da COVID-19.

Recoñecementos editar

  • 2005, recibiu o mérito civil "Antonia Nava de Catalán".[6]
  • 2006, foi galardoada co premio civil indixenista "Cuauhtémoc", outorgado polo Goberno do Estado de Guerrero.[7]
  • 2011, foi recoñecida como unha das 100 líderes do mundo máis comprometidas coa saúde das mulleres e nenas, pola organización internacional Women Deliver.[8] Nese mesmo ano, a revista Proceso incluíuna na súa edición especial Heroínas Anónimas.[9]
  • 2012, recibiu a medalla Omecíhuatl, na categoría "Polos destacados achegues ao recoñecemento e exercicio dos dereitos humanos das mulleres", galardón que outorga o Instituto das Mulleres do entón Distrito Federal.[10]
  • 2014, a Comisión de Dereitos Humanos do Distrito Federal entregoulle o premio Ponciano Arriaga, que outorga ás persoas defensoras dos dereitos humanos destacadas.
  • En 2016, a Revista Forbes México, incluíuna na súa lista das 100 mulleres máis poderosas de México.[9]

Notas editar

  1. Agencias. "Martha Sánchez Néstor: Debatir y dialogar en un mundo de colores". Primera Línea. 
  2. Rosario García Orozco. "Muere de COVID la activista indígena Martha Sánchez Néstor". El Financiero. 
  3. 3,0 3,1 "Martha Sánchez Néstor: Reivindicación indígena - Proceso". Proceso (en castelán). 27 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Integrantes Consejo Ciudadano Ciudadano: Martha Sánchez Néstor". Integrantes Consejo Ciudadano Ciudadano. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  5. Marta Lamas (2016). "Mujeres guerrerenses: feminismo y política". Revista Mexicana de Ciencias Políticas y Sociales. 
  6. Gusi, Tona. "Internacional: Eligen a líder indígena como asesora de ONU Mujeres". laindependent.cat (en castelán). Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  7. "Martha Sánchez Néstor" (PDF). Revista Digital. Femumex. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2021. Consultado o 08 de agosto de 2021. 
  8. "Son mujeres, son indígenas y luchan por sus derechos | Animal Político". www.animalpolitico.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Indígena de Guerrero, entre las 100 mujeres más poderosas del país - Quadratín". Quadratín Guerrero (en castelán). 18 de xuño de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  10. "Mujeres comprometidas | Animal Político". www.animalpolitico.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2018.