A marmota bobak ou marmota das estepas é unha especie de roedor esciuromorfo da familia Sciuridae que habita nas estepas de Ucraína, Rusia e Asia Central. O seu nome procede de baibak, palabra pola que se coñece no seu lugar de orixe.

Marmota bobak

Marmotas bobac segundo un debuxo de 1883.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Sciuridae
Subfamilia: Sciurinae
Xénero: Marmota
Especie: M. bobak
Nome binomial
Marmota bobak
Müller, 1776
Distribución da marmota bobak.[2]
Distribución da marmota bobak.[2]

Distribución da marmota bobak.[2]

Distribución editar

É a única marmota presente en Europa canda a marmota alpina (Marmota marmota). Antano amplamente difundida (chegando até Siberia oriental e os límites de Manchuria), hoxe en día áchase reducida a distintas poboacións illadas en zonas protexidas, froito do intenso arrasamento do seu hábitat natural e da caza indiscriminada. Habita tanto en zonas chás como nas cordilleiras dos Urais, o Hindu Kush e o Himalaia, e a meseta do Tíbet.

Características editar

É unha especie de pequeno tamaño e formas máis gráciles que as das outras marmotas. O corpo mide 58 centímetros aos que se lle engaden 14,5 cm da cola. A pelaxe é curta e de cor terra, para camuflarse no medio.

Historia natural editar

Trátase dun animal social que vive en grupos familiares. Estes habitan nun tobo usado durante xeracións, que pode chegar a medir 100 metros de lonxitude e ter até tres entradas distintas, co fin de acceder rapidamente á seguridade do seu interior se aparece algunha ameaza nas zonas circundantes. A profundidade das galerías pode chegar aos 4 metros, conducindo a distintas cámaras de hibernación e cría que se conectan entre si baixo terra. No caso de que penetre nela algún depredador, as marmotas contan con túneles máis finos polos que escapan ao exterior rapidamente. Durante a hibernación, os animais reúnense en grupos de 12 a 15 individuos que se apelotonan para darse calor entre si. Tamén desenvolven unha importante concentración de graxa subcutánea tras atiborrarse de comida durante os tres meses de verán.

A caza humana segue sendo a principal ameaza para esta especie, que non está regulada nos países onde a marmota bobac habita.

Subespecies editar

Coñécense dúas subespecies de Marmota bobak:[3]

Notas editar

  1. Tsytsulina, K., Zagorodnyuk, I., Formozov, N. & Sheftel, B. (2008). "Marmota bobak. En: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.2" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  2. IUCN (International Union for Conservation of Nature) 2008. Marmota bobak. In: IUCN 2015. The IUCN Red List of Threatened Species. Version 2015.2. http://www.iucnredlist.org. Consultado o 10 de xullo de 2015.
  3. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2012. 

Véxase tamén editar