O Hindu Kush ou Hindukush, ou tamén Hindu Qūh (هندوکش en persa) é un macizo montañoso de Asia, situado no centro e nordés de Afganistán e ao noroeste de Paquistán. Cunha extensión de aproximadamente 1.000 km, gran parte deste sistema orográfico supera os 5000 m de altitude sobre o nivel do mar, por exemplo no Tirich Mīr con 7690 m (uns 40 km ao norte de Chitral) ou no Kūh-e Fūlādī de 5135 metros (uns 80 km ao sueste de Bāmīān). Únese cos montes de Karakórum e só o moi elevado e estreito val do Wakhan o separa do nó do Pamir. O río Cabul recolle a auga da súa vertente meridional.

O cumio de Tirich Mīr, con 7690 metros de altura

Na antigüidade foi coñecido polos gregos durante a expedición de Alexandre Magno, e chamado por estes Parapamisos; logo os autores latinos denominárono Paropamisus ou Caucasus Indicus.