Marco Claudio Marcelo (cónsul 166 a. C.)
Marco Claudio Marcelo (Marcus Claudius M. F. M. N. Marcellus) foi un cónsul romano.
Nome orixinal | (la) M. Claudius M.f.M.n. Marcellus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 208 a. C. Roma Antiga |
Morte | 148 a. C. (59/60 anos) Mar Mediterráneo |
Causa da morte | Afogamento |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
166 a. C. – 166 a. C. Xunto con: Caio Sulpício Galo (pt) | |
Pretor | |
Gobernador romano | |
Tribuno da plebe | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga , militar da Roma antiga |
Período de tempo | Middle Roman Republic (en) |
Familia | |
Familia | Claudii Marcelli (en) |
Cónxuxe | valor descoñecido |
Fillos | Marcus Claudius Marcellus (en) |
Pais | Marco Cláudio Marcelo (pt) e valor descoñecido |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria editar
O seu pai fora cónsul no ano 196 a.C. e á súa morte no 177 a.C. sucedeulle no cargo de pontífice. No ano 169 a.C. era pretor en Hispania e no 166 a.C. cónsul de Roma, venceu aos galos nos Alpes, obtendo as honras do triunfo. No 155 a.C. volve de novo ao consulado e vence aos ligures. No 152 aC accede ao consulado pola terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, que fora incapaz de facer fronte á rebelión dos celtiberos.
Marcelo vai tomar diversas medidas militares que conseguen gañar os celtiberos xunto con actos de clemencia e de visión política, obtendo a rendición de Oscilis e os arévacos deciden concertar unha tregua. Ao sur aos vetóns e lusitanos sométense con Marco Atilio contralando a súa obediencia, pero axiña como deixa a zona volven a se rebelar de novo, Marcelo acode conseguindo que volvan á obediencia ocupando a cidade de Nergobriga. No inverno do 152 ao 151 a.C. pasou a Córdoba, que pouco antes establecera como colonia. A embaixada dos arévacos a Roma non logrou concertar a paz, xa que o senado acusou a Marcelo de indolencia e non ratificou o acordo, elixindo a Lucio Lúculo como novo cónsul para continuar a guerra; ao coñecer Marcelo a resolución finxe un ataque aos celtiberos, que se someten incondicionalmente, quizais por medio dun pacto preestablecido, que o cónsul acepta, asinando a paz de Numancia, restablecendo os antigos tratados, e así entrega a provincia ao seu sucesor totalmente pacificada.
No 148 a.C. mentres se dirixía como embaixador a Masinisa de Numidia, pero o seu navío naufragou, resultando morto.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Predecesor: Quinto Elio Peto e Marco Xulio Peno |
Cónsul da República Romana xunto con Caio Sulpicio Galo 166 a. C. |
Sucesor: Tito Manlio Torcuato e Cneo Octavio |