Os vetóns[1] (en latín, Vettones; do grego antigo: Ouettones) foron un pobo prerromano no sector suroccidental da meseta central na Península Ibérica[2], entre o río Douro e o río Texo, zona na que se atopan hoxe en día as províncias españolas de Ávila e Salamanca, así como partes de Zamora, Toledo, Cáceres, e tamén algunhas zonas fronteirizas do actual Portugal. Son moi coñecidos polas estatuas de gando, especialmente porcos (verróns).

Territorio dos vetóns e as súas máis importantes cidades.

Limitaban cos ástures, vacceos, carpetanos, oretanos, túrdulos, célticos e lusitanos. Vivían en castros, sendo o máis famoso o de Cogotas, que pasou a denominar este tipo de cultura debido á riqueza do seu xacemento como Cogotas II, que xorde no século V a.C. e alcanza o seu cénit debido aos contactos comerciais e á trashumancia, o que aumentou a súa demografía pero concentrando o poder en castas e poboados que darían lugar a cidades-Estado, que aumentarían o tamaño das súas murallas dando lugar a un protourbanismo con organización de fortificación e graneiros a grande escala.

Orixe editar

Os vetóns foron un grupo de tribos de orixe céltico[3][4] ou celtibero,[5] organizadas dende o século II a.C. nunha confederación tribal de forza descoñecida. Os nomes das súas tribos son aínda escuros para nós, mais a través dun estudo da epigrafía local púidose localizar os calontienses, coerenses, caluri e bletonesii; as outras tribos seguen sendo descoñecidas. Martín Almagro Gorbea considera "obvio" que os Vetóns pertenceran ao grupo de pobos prerromanos cualificados como celtas polas súas características culturais.[6]

Cultura editar

A súa relixión era politeísta e facían sacrificios humanos[7] en certos casos, como o caso dos beltonenses, que durante o mandato de P. Craso (96-94 a.C.) ratificaron a paz cun pobo veciño mediante o sacrificio dun home e un cabalo. Entre os seus deuses estaban Trebaruna, Vaelicus (cun santuario en Postoloboso), Ataecina, Ilurbeda[8], Bandua, Arentia etc. O seu santuario máis coñecido é o do castro de Ulaca (en Villaviciosa (Solosancho), provincia de Ávila), semellante ao de Panóias (en Vila Real, Portugal), con escaleiras e pías.

Os seus enterramentos eran mediante incineración con enxoval, que consistía en cerámica e armas (inutilizadas ao seren dobradas para así consagralas aos deuses por parte da aristocracia guerreira). É característica neste pobo a presenza de figuras de verracos aínda que se descoñece se se trata de figuras de deidades, de carácter funerario, marcos delimitadores, etc.

Notas editar

  1. "vetón, vetoa". digalego.xunta.gal. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  2. Eduardo Sánchez Moreno "Vetones:historia y arqueología de un pueblo prerromano" ed Cantoblanco 2000
  3. Koch 2006, p. 481
  4. Cólera 2007, pp. 749-750
  5. Álvarez-Sanchís 2005
  6. Almagro Gorbea, 2008, p. 47
  7. Salinas de Frías 2006
  8. Mª Rosario Hernando "A propósito del teónimo Ilurebda. Hipótesis de trabajo" Ficheiro epigráfico 2004

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.