María del Carmen García Campelo

política española

María del Carmen García Campelo, nada en Seixo (Marín) en 1965, é unha política galega do PPdeG.

Infotaula de personaMaría del Carmen García Campelo
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Seixo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é profesora de solfexo. Foi concelleira de Cultura e Servizos de Marín (1991-2001). Tamén foi asesora da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1994-1995). Foi deputada no Parlamento de Galicia en 1996 substituíndo a Juan Miguel Diz Guedes e nas eleccións autonómicas de 1997 volveu ser elixida deputada. En 2001 foi nomeada Directora Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia. Foi xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (2009)[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar