María Cegarra Salcedo

poeta e perita química

María Cegarra Salcedo, nada en La Unión (Murcia) o 28 de novembro de 1899 e finada en Murcia o 26 de marzo de 1993, foi unha poeta española, ademais da primeira muller perito químico.[1]

Infotaula de personaMaría Cegarra Salcedo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
La Unión, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1993 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Concelleiro La Unión
valor descoñecido – valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Murcia - Bachelor of Chemical Sciences (en) Traducir (1940–1947) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , química , editora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2456261

Traxectoria editar

Entre 1921 e 1924 exerceu como axudante técnico no laboratorio de análise industrial da viúva de Francisco Munuera. Logo, dende finais dos anos vinte e durante varias décadas, estivo á fronte do seu propio laboratorio de análises químicas, orientado á explotación mineira, na casa familiar. [2]

O 7 de maio de 1928 obtivo o título de Perito Químico na Escola Politécnica Superior de Alcoi (EPSA).

Tras a morte do seu irmán Andrés en 1928, dedicouse á poesía. Grazas a el coñecera a Carmen Conde, con quen tivo unha longa e fonda amizade recollida nunha correspondencia. Participou nas actividades realizadas na Universidade Popular que Conde e Antonio Oliver fundaron nesa cidade. Tamén fixo amizade co xornalista Raimundo de los Reyes e cos poetas Miguel Hernández e Ramón Sijé.[3] Con Hernández mantivo unha estreita relación.[4]

En 1946 obtén a licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Murcia. Ademais, Cegarra exerceu corenta anos de docencia en diferentes colexios de Cartaxena, así como noutros centros entre eles a Escola de Peritos Industriais.

Obra editar

  • Cristales míos, 1935.[5]
  • Desvarío y fórmulas, 1978.[6]
  • Poesía completa, 1986.
  • Poemas para un silencio, 1999.[7]
  • Cada día conmigo, 1986.
  • Poemas para un silencio, 1999.
 
Mural de María Cegarra no proxecto Huellas de Mujer, da artista Clara Ledo.


Notas editar

  1. Stadler, Marta Macho (2017-06-16). "María Cegarra: poemas de laboratorio". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2023-06-11. 
  2. "María Cegarra Salcedo". Región de Murcia Digital. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 21 de diciembre de 2008. 
  3. Garcerá, Fran (2019). ""Todos aquellos que tengamos alas". Carmen Conde y María Cegarra Salcedo: Colaboración literaria y editorial a través de su legado epistolar (1924-1982)" (25): 135–151. ISSN 1136-5781. Consultado o 2021-05-27. 
  4. "Cegarra Salcedo, María" (en castelán). Consultado o 2021-05-27. 
  5. Cegarra Salcedo, María 1899-1993 (2017). Cristales míos. Torremozas. ISBN 978-84-7839-729-7. OCLC 1061842121. Consultado o 7 de marzo de 2020. 
  6. "“Todos aquellos que tengamos alas”. Carmen Conde y María Cegarra Salcedo.". 2019. ISSN 1136-5781. doi:10.1344/lectora2019.25.8. Consultado o 7 de marzo de 2020. 
  7. Salcedo, María Cegarra (1986). "DE "POEMAS PARA UN SILENCIO"" (en castelán) (2): 11–12. ISSN 1989-6166. Consultado o 7 de marzo de 2020.