Maquinaria y Elementos de Transporte

Maquinaria y Elementos de Transporte foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona, tamén coñecida como Maquitrans[1] ou pola abreviatura MT.

Maquinaria y Elementos de Transporte
Logotipo de MT

MT de 1957
TipoSociedade anónima
Fundación1957
LocalizaciónBarcelona España España
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Historia da Compañía editar

Durante os anos 1940 constituíuse esta empresa, filial de Tranvías de Barcelona, cuxa principal dedicación era a de adaptar antigos autobuses para o seu uso como trolebúses, para esquivar a escaseza de combustibles trala Guerra Civil Española. A empresa Maquinaria y Elementos de Transporte, coñecida como MT, localizábase na rúa Luchana en Barcelona, a principios dos anos 1950, cando empezou a fabricar scooters e uns motocarros vendidos como motriciclos. En 1957 comezou coa produción de automóbiles, pero no mesmo ano detivo a produción, polo que tan só producíronse uns poucos exemplares.

O único modelo de automóbil foi un triciclo motorizado baseado no mesmo chasis que os motocarros, pero ao que se lle substituíu o guiador por un volante. A carrozaría estaba aberta e provía de espazo suficiente para dúas persoas. Montaba un motor traseiro de fabricación propia dun só cilindro de 175 cc e 6´9 cv a 4500 rpm. con arranque eléctrico, o motor se montaba diante da única roda traseira cun deseño de motor central. Tiña rodas de 3´50 x 10, freos hidráulicos diante e mecánico atrás. Alcanzaba os 67 Km/hora.

Un primeiro prototipo conservouse ata os nosos días, o que se pode ver na imaxe do artigo. Foi tomado como base para o modelo definitivo, tras engadir un carenado completo na zona traseira do motor, quedando toda a mecánica oculta. Do modelo definitivo fabricáronse unhas 20 unidades, das que só se ten constancia que sobreviva un.

Notas editar

  1. "MT (Maquitrans) (1954 - 1957)" (en castelán). Consultado o 9 de xaneirode 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Walter Zeichner: Kleinwagen International, Motorbuch-Verlag, Stuttgart 1999, ISBN 3-613-01959-0

Ligazóns externas editar