Manuel Villar Cimadevila
Manuel Enrique Villar Cimadevila, nado en Vila de Cruces en 1896 e finado en Gondomar o 6 de outubro de 1936, foi un político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Vila de Cruces, España |
Morte | 6 de outubro de 1936 (39/40 anos) Vincios, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Instalouse en Vigo traballando como empregado no comercio "La innovación" da Porta do Sol. Foi candidato ás municipais de 1931 pola ORGA e dirixente provincial do Partido Republicano Gallego e despois de Izquierda Republicana. Foi detido en xaneiro de 1935 acusado de pertencer ao Socorro Rojo Internacional.[1] Foi promotor e logo director do semanario Clarín de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado ao Frontón de María Berdiales. Foi paseado na Volta da Matanza, en Vichicáns (Vincios) o 6 de outubro, con Fernando Costas Iglesias e Emilio Comesaña Sobreira. Foron soterrados no cemiterio de Mañufe.[2]
Vida persoal editar
Casou en Vigo con Enriqueta Villar Montes.