Vila de Cruces

concello da comarca de Deza, na provincia de Pontevedra

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Vila de Cruces
Bandeira de Vila de Cruces
Escudo de Vila de Cruces
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]carbiao/carbiá ou crucés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación5.082 hab. (2023)[2][3]
Área155,0 km²[3]
Densidade32,79 hab./km²
Entidades de poboación28 parroquias[4]
Capital do concelloVila de Cruces
Política (2023[5])
AlcaldeLuís Taboada Sánchez (XPC[6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4

Outros: XPC: 6, Nova Alternativa: 1
Eleccións municipais en Vila de Cruces
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes84,89%
Na rede
http://www.viladecruces.gal
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.

Poboación editar

Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2015 era de 5.556 persoas. O xentilicio é crucés ou carbiao.[8]

Censo total 5.556 (2015)
Menores de 15 anos 452 (8.14 %)
Entre 15 e 64 anos 3.269 (58.84 %)
Maiores de 65 anos 1.835 (33.03 %)
Evolución da poboación de Vila de Cruces   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.924 9.284 11.068 9.041 6.779 6.475 6.325 6.085 5.934 5.676
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Festas e celebracións editar

 
Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces.

A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa a fin de semana seguinte ó 4 de agosto (agás se é sábado que pasaría a ser o seguinte).

  • Entroido

Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.

  • Gastronomía

Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.

Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.

Galería de imaxes editar

Nados en Vila de Cruces editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Lugares de Vila de Cruces editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vila de Cruces".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2023". 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vila de Cruces". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 63. ISBN 978-84-8158-706-7. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.