Manuel Sueiro Iglesias

mestre e político galego

Manuel Sueiro Iglesias, nado en Limeres (Concello de Cerdedo) en 1890 e finado en Ourense o 31 de xaneiro 1962, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaManuel Sueiro Iglesias
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor em Wikidata
Limeres, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1962 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Socialista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sendo mozo marchou a Ourense para traballar de carpinteiro. Simultaneou o traballo cos estudos e en 1915 conseguiu o título de mestre. Marchou a Verín, onde fundou unha academia en 1919. Colaborou en Nuevo Támega.[1] Trasladouse a Ourense e fundou a Academia General inspirada na Institución Libre de Enseñanza, que sería coñecida como Academia Sueiro. Na República afiliouse ao Partido Republicano Radical Socialista. Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo. Foi candidato do PRRS nas eleccións xerais de 1933 con Alfonso Pazos Cid e Eligio Núñez Muñoz,[2] pero non resultaron elixidos. Foi nomeado vogal da Comisión provincial de Beneficencia en abril de 1936.[3]

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Limeres. Foi protexido polo cabo da Garda Civil de Cerdedo Avelino Sánchez, que lle aconsellou se agachara na súa casa xunto co seu fillo José. O 12 de agosto de 1936 chegaron ao cuarteliño de Cerdedo catro falanxistas de Ourense para levalo á cadea provincial, ao non achegar ningún documento non conseguiron que a Garda Civil os acompañara, evitando así o seu asasinato. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1937.[4] Logo de dous anos protexido polos veciños e baixo supervisión do cabo Sánchez, chegou a Cerdedo a orde de detención e decidiu entregarse. Foi encarcerado o 28 de abril de 1938. Pasou uns meses na cadea de Ourense. Foi sometido a expediente de depuración que o inhabilitou para a docencia. Tamén lle incautaron a súa academia e a súa conta bancaria. Enfermo, estivo apartado da actividade docente. Morreu en Ourense en 1962.[5]

Vida persoal editar

Casou con Carmen Martínez Padrón e foi pai de Francisco, José, Gerardo e Paz Sueiro Martínez.

Notas editar

  1. "Nuevo Támega, julio 1922.". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  2. La Zarpa, 9-11-1933, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 18-4-1936, p. 14.
  4. La Región, 24.1-1937, p. 1.
  5. El Pueblo Gallego, 1-2-1962, p. 15.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar