Manuel Rodríguez Suárez
guerrilleiro antifranquista
Manuel Rodríguez Suárez,[1] Asturiano, nado en Asturias e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Asturias, España |
Morte | 21 de abril de 1947 Frades, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria editar
Chegou a Galicia con Florentino Menéndez Palacio a finais de 1946 fuxindo dunha caída do PCE en Asturias. Membro do destacamento Manuel del Río Botana, un dos catro grupos da Agrupación Pasionaria (antes IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia) comandado por Manuel Ponte Pedreira. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercounos no Fontao (Abellá, Frades) e morreu no enfrontamento xunto con Manuel Ponte e Manuel Díaz Pan.
Notas editar
- ↑ Nalgunhas fontes figura como Manuel Rodríguez Gundín.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 434–435. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.