Manuel Díaz Pan

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Díaz Pan, coñecido como Rogelio, nado en San Pedro de Nós (Oleiros)[1] o 18 de outubro de 1917 e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.

Infotaula de personaManuel Díaz Pan
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1917 Editar o valor em Wikidata
San Pedro de Nós, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 1947 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Frades, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé María Díaz Pan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmán de José María Díaz Pan. Afiliado ao Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT coruñesa. Participou na guerra co exército sublevado. Incorporouse á guerrilla en 1946 no Destacamento Manuel del Río Botana da IV Agrupación guerrilleira que encabezaba Manuel Ponte Pedreira, da que foi comisario político. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercounos no Fontao (Abellá, Frades) e morreu no enfrontamento xunto con Manuel Ponte e Manuel Rodríguez Suárez.

Notas editar

  1. Algunhas fontes afirman que naceu nos Castros (A Coruña)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-584-3. 

Ligazóns externas editar