Manuel María Puga Feijoo

militar español

Manuel María Puga Feijoo, nado en Espiñoso (Cartelle) o 19 de maio de 1807 e finado en Arteixo o 5 de outubro de 1879, foi un militar galego.

Infotaula de personaManuel María Puga Feijoo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1807 Editar o valor em Wikidata
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Morte1879 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Arteixo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPazo de Anzobre Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLuciano Puga Blanco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militar de profesión e fervoroso carlista, loitou nas filas do carlismo galego[1] durante máis de cinco anos, ata que en 1839 se acolleu ao Convenio de Vergara, sendo admitido no exército isabelino co grao de Capitán, e continuou ascendendo ata chegar a Coronel.

Destinado en Celanova, trabou relación cos Condes de Ximonde e co escribán da vila Jose María de Curros Vázquez, pai de Curros Enríquez.

Casou en 1833 con Carmen Blanco Álvarez de Castro, e foi pai de Luciano Puga Blanco

Influencia política editar

A súa proximidade e influencia sobre a condesa de Ximonde, Jacoba Cisneros de Puga, que apoiaba a causa carlista en Galicia[2] levou á Condesa a designalo herdeiro universal[3], polo que recibiu xunto coas súas propiedades, gran parte do poder político tiñan os Condes.

Xunto co Pazo de Anzobre, recibiu da Condesa o Pazo de Ramirás ou Pazo dos Condes de Xelmírez, en Santiago de Compostela, as Torres de Couso, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, e a chamada Horta do Xeneral, na Coruña, ademais de extensas propiedades agrarias.

Notas editar

  1. "El carlismo gallego", Barreiro Fernández, Santiago 1976
  2. "El carlismo gallego", Barreiro Fernández, Santiago 1976
  3. [1] Acceso ao testamento.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar