Manuel Bello Parga
Manuel Luis Bello Parga, coñecido como Manolito Bello e Luis Seijo Freire, nado na Coruña o 13 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1925 A Coruña, España |
Morte | 11 de xullo de 1946 (21 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Manolito Bello Luis Seijo Freire |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Militante do Partido Comunista de España desde moi novo, participou no seu aparato de propaganda. As autoridades detivérono en maio de 1945 con José Blanco Núñez, José Soto Pombo e Francisco Cousillas Pombo por impresión e distribución de material subversivo. En xaneiro de 1946, pouco despois de saír en liberdade provisoria, uniuse ao Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi responsable do destacamento Líster da IV Agrupación e pouco despois pasou á partida La Marina. Nesta participou en Cambre no atentado contra Manuel Doval Lemat, coñecido falanxista local.
Participou o 19 de maio no intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España na que morreu o xornalista de El Ideal Gallego Arcadio Vilela Gárate. No intercambio de disparos coa Garda Civil, Manuel Bello caeu prisioneiro. Torturado na prisión e sometido a consello de guerra, foi condenado ao garrote e executado na Prisión Provincial da Coruña o 11 de xullo de 1946.[1][2] Converteuse nun heroe para a resistencia antifranquista comunista e un dos seus destacamentos guerrilleiros levou o seu nome. Na actualidade, un colectivo da Xuventude Comunista leva por nome Manolito Bello.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 30 de agosto de 2012.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 130–134. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002.