José Blanco Núñez

guerrilleiro antifranquista galego

José Blanco Núñez, coñecido como Ferreirín e Pepito, nado na Coruña cara a 1921 e finado en 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Blanco Núñez
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFerreirín
Pepito Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Zapateiro de Elviña. En 1944 tiña a responsabilidade política dun pequeno grupo de homes baixo a dirección de Manuel Ponte Pedreira. Foi detido en maio de 1945 con Manuel Bello Parga, José Soto Pombo e Francisco Cousillas Pombo, que ingresaron na Prisión Provincial, mentres José ingresou no calabozo do seu Rexemento de Artillaría número 48, por ser nese momento soldado de recrutamento.[1] Foi ferido nunha perna nun enfrontamento coa Garda Civil en Parada (Ordes) o 26 de xuño de 1946, que lle custou a vida ao enlace Antonio Recouso Boquete. Foi integrante do Destacamento Enrique Líster xunto a Francisco Rey Balbís. En 1948 asumiu con Manuel Pena Camino a dirección do destacamento Eduardo Xaneiro. O 4 de marzo de 1948 en Carres a Garda Civil atacou as dúas casas onde se refuxiaba Ferreirín cos seus homes, mataron o guerrilleiro Antonio Nouche Costa, conseguindo Ferreirín escapar; pero en represalia a familia que ocupaba as casas foi executada. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia, Enrique Ferreirós Candamo, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[2] O 8 de xaneiro de 1949 participou con Benigno Andrade García, José Remuiñán Barreiro, Antonio López Arias e Manuel Bastida Franco na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. Ese ano pasou a ser responsable da prensa do PCE e en xaneiro de 1950 foi nomeado secretario de organización.[3]

Arrestado en marzo de 1952 na súa cidade natal e trasladado a Madrid, colaborou coa policía e a información que proporcionou permitiu desmantelar a rede de enlaces da guerrilla. Malia iso foi executado preto de Sada en xullo de 1952.

Notas editar

  1. Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.
  3. Máiz, Bernardo; op.cit. páx.167

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar