Mário Viçoso Neves, máis coñecido como Mário Neves, nado en Lisboa no 18 de xaneiro de 1912 e finado ibídem, no 1 de janeiro de 1999, foi un dos xornalistas portugueses máis famosos do século XX.

Infotaula de personaMário Neves

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortuguesa
Actividade
Ocupaciónxornalista , diplomático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa primeira grande reportaxe realizouna durante a Guerra civil española, tendo dado a coñecer o masacre de Badaxoz perpetrado polas forzas sublevadas do bando nacional naquela cidade estremeña.

Foi director dos xornais O Século e Diário de Lisboa, tendo fundado, en 1968, xunto con Norberto Lopes, o xornal A Capital.

Antes, en 1945, fundara con Ribeiro dos Santos, con quen tamén partillou a dirección, a revista magazine Ver e Crer.

Durante a campaña de Humberto Delgado, en 1958, foi Mário Neves quen lle fixo a questión sobre o que ía facer: «Senhor General, se for eleito, que faz a Oliveira Salazar?», ao que este respondeu «Obviamente, demito-o!».

Após o 25 de abril, foi o primeiro embaixador de Portugal na Unión Soviética (1974-1977) e, en 1979, formou parte do V Goberno Constitucional, de María de Lourdes Pintasilgo, como Secretário de Estado da Emigração.

Ademais do xornalismo, foi administrador do Instituto Português de Oncologia (1938-1948), subcomisario de Portugal na Exposición Universal de Bruxelas (1958) e comisario da Feira das Indústrias Portuguesas, desde a súa fundación, en 1949, até 1974.

O seu fondo documental foi entregado pola súa filla, Maria Emília Neves, á Fundação Mário Soares e Maria Barroso.

A toma de Badaxoz vista por Mário Neves editar

«Badajoz foi tomada pelos nacionalistas no dia 14 de Agosto de 1936 após duros combates. Foi sitiada, canhoneada e bombardeada pelos trimotores «de duro alumínio reflectindo os raios do sol», provavelmente «junkers alemães» que já intervinham em operações militares quando não havia transcorrido um mes desde a sublevação. Os legionários e os mouros das colunas em que mandavam os comandantes Carlos Asensio e António Castejón, ambos às ordens do tenente coronel Yagüe, entraram em Badajoz depois de encarniçados combates. Aos jornalistas que acompanhavam as forças de Yagüe no seu avanço desde o sul, proibiu-se-lhes ir ao Badajoz recém-conquistado, mas desde a vizinha fronteira portuguesa de Caia, o jornalista português do Diário de Lisboa, Mário Neves, e os franceses Jacques Berthet do Temps, e Marcel Dany da Agência Havas, conseguiram entrar na cidade no dia quinze. (…) Através dos relatos destes três jornalistas, a reportagem do fotógrafo René Bru, da Pathé Newsreels, e pelo que escreveu o estadunidense Jay Allen, correspondente do Chicago Tribune, que chegou a Badajoz nove dias depois, o mundo pôde conhecer a magnitude da onda de terror que acompanhava o avanço das forças nacionalistas pelo sul da Espanha.

Nos primeiros momentos logo da tomada de Badajoz, legionários mouros fuzilavam sumariamente todos os homens que encontravam pelas ruas com sinais de haverem disparado um fuzil. Posteriormente, foram concentrando os prisioneiros na praça de touros, onde os iam fuzilando por grupos com metralhadoras. Também se fuzilava no fosso das muralhas e nas portas do cemitério.

O día dezaseis, unha columna de fume branco que se elevaba a un quilómetro e medio da cidade chamou a atención do xornalista portugués Mário Neves. A xente que preguntou dixéronlle que o cemiterio estaba nesa zona. Ao día seguinte, Mário Neves atopouse cun cura e mantivo unha conversación con el. Foi grazas a este crego que puido descubrir a orixe da misteriosa columna de fume: era dos cadáveres! Amontáronos no cemiterio, regáronos con gasolina e prendéronlles lume. O propio cura levouno ao cemiterio para que o vise cos seus propios ollos. A impresión foi tan forte nel que Mário Neves comezou ese día o despacho telefónico con isto: “Voume. Quero marchar de Badaxoz, custe o custo, canto antes e coa firme promesa á miña propia conciencia de que nunca volverei aquí. E, de feito, non volveu ata corenta e seis anos despois e a petición da cadea inglesa Granada TV, que preparaba unha serie titulada A guerra civil española.»[1][2]

Decoracións editar

[3] [4]

Notas editar

  1. "O jornalista Mário Neves". Fb (en portugués). Consultado o 2023-04-15. 
  2. Simoes, Cid (2021-08-15). "Crimes que é criminoso esquecer". As palavras são armas (en portugués). Consultado o 2023-04-15. 
  3. "Entidades Nacionais Agraciadas com Ordens Estrangeiras". Resultado da busca de "Mário Viçoso Neves". Consultado o 2020-08-12. 
  4. "Entidades Nacionais Agraciadas com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Mário Viçoso Neves". Consultado o 2020-08-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar