Luna E-1A

Familia de sondas luares soviéticas.

Baixo o nome de Luna E-1A, Luna E1A ou Luna Ye-1A pola súa transliteración da lingua rusa atópase unha familia de sondas espaciais lunares soviéticas formada por dúas unidades.[1]

Características editar

Houbo dúas sondas Luna E-1A: a primeira non chegou a órbita debido a un problema co foguete lanzador 8K72, pero a segunda, denominada formalmente Luna E-1A 2 e máis coñecida como Luna 2, converteuse no primeiro obxecto artificial en impactar contra a superficie lunar. Ademais da instrumentación científica levaba a bordo emblemas metálicos coa bandeira e o escudo da Unión Soviética.[1]

Historial de lanzamentos editar

Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 18 de xuño de 1959 Luna 2 Fallo O sistema inercial fallou aos 153 segundos do lanzamento. O foguete foi destruído desde terra.
6 12 de setembro de 1959 Luna 2 Éxito Primeira sonda en impactar contra a superficie terrestre.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2011). "Luna E-1A" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-L (8K72)" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar