Luis Puenzo
Luis Puenzo, nado en Buenos Aires o 19 de febreiro de 1946, é un director e guionista de cinema arxentino. Obtivo o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1986 coa súa primeira longametraxe, La historia oficial, unha historia sobre os desaparecidos pola ditadura arxentina. Pouco prolífico, rodou menos de media ducia de filmes dende entón, incluíndo Gringo viejo, con Gregory Peck sobre unha novela do mexicano Carlos Fuentes, e La peste, con William Hurt e Robert Duvall adaptando a novela homónima de Albert Camus.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1946 (78 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine, film screenwriting (en) e Produción de cinema |
Ocupación | director de cinema , guionista , escritor , produtor de cinema , realizador |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | Lucía Puenzo |
É membro fundador da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas da Arxentina e integrou como voceiro a súa primeira comisión directiva.
Desempéñase como Presidente do Instituto Nacional de Cinema e Artes Audiovisuais (INCAA).
Filmografía editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Luis Puenzo na IMDb (en inglés).