Lucía Catoira Pan

directora de fotografía galega

Lucía Catoira Pan, nada en Cambre en 1984, é unha directora de fotografía galega que recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual.[1]

Infotaula de personaLucía Catoira Pan
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Cambre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de fotografía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webluciacpan.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: lucia.cpan Instagram: afabriqueira LinkedIn: lucía-catoira-pan-8181a6139 Pinterest: lucpan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola ESCAC. [2]

Traballou en diversos proxectos como directora de fotografía[3] e recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual, sendo a primeira muller en conseguilo. En 2018 foi galardoada polo seu traballo no filme Dhogs, acadou o segundo premio Mestre Mateo co filme Trote e o terceiro polo filme ¿Qué hicimos mal?, de Liliana Torres.[2][4]

Obra editar

  • 2023: Matria, fotografía da longametraxe de Álvaro Gago.
  • 2018: Dhogs, directora de fotografía da longametraxe de Andrés Goteira.
  • 2015: Islas, fotografía do documental de Adriana F. Castellanos.
  • 2014: Unary, directora de fotografía da curtametraxe de Luís Avilés.
  • 2011: Anacos, directora de fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.
  • 2010: Esteroscopía, fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.

Vai recibir o Premio Chano Piñeiro do Ourense Film Festival ao talento e o emprendemento audiovisual.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Fálase de Lucía C. Pan rec...". Praza Pública. Consultado o 4/9/2022. 
  2. 2,0 2,1 "A directora de fotografía Lucía Catoira, próxima convidada... - NUMAX". numax.org. Consultado o 4/9/2022. 
  3. "Lucía Catoira Pan: "Hace falta mucho, pero sobre todo hacemos falta muchas"". Kluid Magazine (en castelán). 8/3/2022. Consultado o 4/9/2022. 
  4. "¿Qué hicimos mal?". Premios Mestre Mateo. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2022. Consultado o 4/9/2022.