Lista de bandeiras de movementos nacionalistas e secesionistas de España
artigo de listas da Wikimedia
Esta é unha lista de bandeiras utilizadas por movementos rexionalistas, nacionalistas e secesionistas do Estado español.
Andalucía editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
Bandeira independentista de Andalucía utilizada pola maior parte do nacionalismo andaluz. | Tres franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior e a inferior de cor verde e a do medio branca, cunha estrela vermella de cinco puntas no centro. | |
Bandeira independentista de Andalucía utilizada polas Juventudes Andalucistas, xuventudes do Partido Andalucista. | Tres franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior e a inferior de cor verde e a do medio branca, cun triángulo vermello á dereita no cal se atopa unha estrela branca de cinco puntas. | |
Bandeira independentista de Andalucía alternativa. | Tres franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior e a inferior de cor verde e a do medio branca, cunha estrela tartesa de oito puntas no medio. |
Aragón editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A estrelada aragonesa, bandeira independentista de Aragón, utilizada pola maior parte do nacionalismo aragonés. | Catro franxas vermellas e cinco amarelas, todas horizontais e do mesmo tamaño e unha estrela vermella de cinco puntas con bordo negro no centro. |
Asturias editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A Asturina, bandeira independentista de Asturias, utilizada pola maior parte do nacionalismo asturiano. | Cruz da Vitoria sobre fondo azul e unha estrela vermella de cinco puntas na esquina superior esquerda. |
Illas Canarias editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A bandeira tricor canaria, bandeira nacionalista das Illas Canarias, utilizada pola maior parte do nacionalismo e independentismo canario. | Tres franxas verticais do mesmo tamaño, branca a da esquerda, celeste a do medio e amarela a da dereita. No medio, sete estrelas verdes de cinco puntas e do mesmo tamaño en posición circular. |
Bandeiras históricas editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A Bandeira do Ateneo, primeira bandeira nacionalista das Illas Canarias, que era utilizada polo Partido Nacionalista Canario, agora integrado en Coalición Canaria, a partir de 1927. | Sete estrelas brancas de cinco puntas sobre fondo azul escuro, na mesma posición que as sete illas do Arquipélago Canario. | |
Bandeira adoptada polo movemento Canarias Libre en 1964, e da que procede a actual Bandeira das Illas Canarias. | Tres franxas horizontais, sendo a do medio de dobre tamaño que as outras dúas. A franxa da esquerda é branca, a do medio azul e a da dereita amarela. |
Cantabria editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
O Lábaro cántabro, bandeira independentista de Cantabria, utilizada pola maior parte do nacionalismo cántabro. | Lábaro amarelo sobre fondo borgoña. |
Castela editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
O Pendón comuneiro, bandeira utilizada polo movemento castelanista. | Castelo almendado de tres ameas en ouro, con cachotería en negro e azul celeste, sobre fondo púrpura. | |
O Pendón estrelado comuneiro, bandeira utilizada polos movementos castelanistas de esquerdas. | Castelo con tres ameas en ouro, con cachotería en negro e azul celeste, sobre unha estrela vermella de cinco puntas que á súa vez está sobre fondo púrpura. |
Castela-A Mancha editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A bandeira rexionalista manchega, utilizada polos grupos rexionalistas manchegos e en menos medida polos nacionalistas e independentistas manchegos. | Dividida en catro cadros, os da dereita de dobre de tamaño que os da esquerda. O cadro superior dereito é borgoña, o superior esquerdo negro, o inferior dereito branco e o inferior esquerdo azul. Na intersección dos catro cadros, se atopa unha estrela de cor ouro de cinco puntas. |
Cataluña editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A Estelada blava, utilizada polos grupos nacionalistas cataláns de centro e de dereita. É a primeira bandeira nacionalista que xurdiu en Cataluña, en 1918, inspirada na bandeira de Cuba. | Catro franxas vermellas e cinco amarelas horizontais do mesmo tamaño, cun triángulo azul á dereita no que se atopa unha estrela branca de cinco puntas. | |
A Estelada vermella, utilizada polos grupos nacionalistas cataláns de esquerdas. | Catro franxas vermellas e cinco amarelas horizontais do mesmo tamaño, cun triángulo amarelo á dereita no que se atopa unha estrela vermella de cinco puntas. |
España editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
Bandeira de España baixo o réxime de Franco, utilizada polos grupos nacionalistas españois de dereita e de estrema dereita. | Tres franxas horizontais, a de arriba e a de abaixo vermellas, e a do medio amarela, do dobre de tamaño que as outras. Á dereita, o escudo franquista | |
Bandeira da Nova España, utilizada na actualidade polo carlismo. | Unha Cruz de Santo André vermella con pólas de podado áspero sobre fondo branco. |
Galiza editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A Estreleira, bandeira do nacionalismo galego de esquerdas. | Unha franxa azul celeste dende a esquina superior esquerda até a esquina inferior dereita sobre fondo branco, cunha estrela vermella de cinco puntas no medio. |
León editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
A bandeira do País Leonés, utilizada polos movementos leonesistas. | O Escudo de León sobre fondo rosa escuro. |
Murcia editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
Bandeira do nacionalismo murciano, utilizada para representa-lo País Murciano, non coincidente coa Comunidade Autónoma de Murcia. | Unha cruz branca cunha estrela azul de cinco puntas divide o fondo carmesí en catro cadros do mesmo tamaño, nos que atopamos catro castelos almenados en ouro, no ángulo superior esquerdo, distribuídos de dous en dous, e sete coroas reais no ángulo inferior dereito, dispostas en catro filas, con un, tres, dous e un elementos respectivamente. |
País Valenciano editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
Senyera valenciana preautonómica utilizada por unha parte do nacionalismo valenciano, e que xa fora oficial nos anos 1979 e 1980. | Catro barras horizontais vermellas e cinco amarelas, e no medio o escudo oficial da Comunidade Valenciana. | |
Estrelada valenciana, bandeira independentista valenciana | Dividida en dous campos, á dereita atopamos catro barras horizontais vermellas e cinco amarelas do mesmo tamaño, cortadas por unha vertical vermella. Na esquerda, unha estrela branca de cinco puntas en fondo azul. |
Bandeiras históricas editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
Bandeira utilizada por Esquerra Valenciana durante a Segunda República e a guerra civil española. | Dividida en dous campos, á dereita atopamos catro barras horizontais vermellas e cinco amarelas. Na esquerda, unha estrela vermella de cinco puntas en fondo azul. |
País Vasco editar
Bandeira | Uso | Descrición |
---|---|---|
Arrano Beltza, bandeira utilizada sobre todo, aínda que non exclusivamente, pola esquerda abertzale. | Aguia negra sobre fondo amarelo. |