Coalición Canaria

Coalición Canaria (CC) é un partido político canario formado en 1993 como coalición de partidos nacionalistas tanto de esquerda como de dereitas: Agrupación de Independientes de Canarias (AIC), Iniciativa Canaria Nacionalista (ICAN), Asamblea Majorera (AM), Partido Nacionalista Canario (PNC) e Centro Canario Nacionalista. Nas eleccións autonómicas de 1995 CC converteuse na primeira forza do parlamento canario con 21 dos 65 escanos e mantense no goberno desde entón. En 1998 o PNC abandonou CC, aínda que no 2006 asinou un acordo electoral con CC. No ano 2005, ano no que CC se converteu en partido político, produciuse unha escisión na illa de Gran Canaria ó fundar Román Rodríguez, expresidente das Canarias, o partido Nueva Canarias.

Coalición Canaria (CC)
Partido político das illas Canarias
Dirixentes e organización
LíderFernando Clavijo (secretario xeral)
MocidadesJóvenes Nacionalistas de Canarias (JNC)
Historia
Fundación1993
Posicións políticas
IdeoloxíaCanarismo
Rexionalismo
Insularismo
Centrismo
Liberalismo
Outros datos
SedeR/ Galcerán, 7-9, 38003 (Santa Cruz de Tenerife, Canarias)
R/ Buenos Aires, 24, 35002 (As Palmas de Gran Canaria, Canarias)
Na rede
Coalicioncanaria.org

Eleccións editar

  • Eleccións xerais 1993: 207.077 votos (25.58%) 4 deputados
  • Eleccións municipais 1995: 211.882 votos (26.58%) 372 concelleiros
  • Eleccións autonómicas 1995:261.424 votos (33.18%) 21 deputados
  • Eleccións xerais 1996: 220.418 votos (25.09%) 4 deputados
  • Eleccións municipais 1999: 267.773 votos (32.25%) 432 concelleiros
  • Eleccións europeas 1999: 276.186 votos (33.78%) dentro de Coalición Europea
  • Eleccións autonómicas 1999: 306.658 votos (37.50%) 24 deputados
  • Eleccións xerais 2000: 248.261 votos (29.56%) 4 deputados
  • Eleccións municipais 2003: 283.701 votos (30.76%) 458 concelleiros
  • Eleccións autonómicas 2003: 304.413 votos (33.33%) 23 deputados
  • Eleccións cabidos insulares 2003: 305.410 votos (33.34%) 56 deputados
  • Eleccións xerais 2004: 235.221 votos (24.33%) 3 deputados
  • Eleccións europeas 2004: 90.619 votos (16.92%) dentro de Coalición Europea