Linus Torvalds

informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux

Linus Benedict Torvalds, nado en Helsinqui o 28 de decembro de 1969, é un informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux, un kernel, e hoxe fai de coordinador do proxecto. Inspirándose no sistema operativo Minix, desenvolto por Andrew S. Tanenbaum para aprenderlle ós seus alumnos como funcionaba un sistema operativo, sentiu a necesidade dun sistema operativo de tipo UNIX capaz de executarse no seu PC. Torvalds fixo o desenvolvemento orixinal do kernel Linux no seu propio equipo durante o seu tempo libre.

Infotaula de personaLinus Benedict Torvalds
Nome orixinal(sv) Linus Torvalds Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1969
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDunthorpe, Oregón, Estados Unidos[1]
País de nacionalidadeFinlandés (natural dos Estados Unidos desde 2010)
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinqui (M.S.)[2]
Coñecido porkernel de Linux e Linux, Git, Subsurface
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación
Ocupaciónprogramador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLinux Foundation (pt) Traducir (2007–)
Open Source Development Labs (pt) Traducir (2003–2007)
Transmeta (pt) Traducir (1997–2003)
Universidade de Helsinki (1992–1996) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaSueco da Finlândia (pt) Traducir, lingua finesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeTove Torvalds
FillosPatricia Miranda Torvalds (pt) Traducir, Daniela Yolanda Torvalds (pt) Traducir, Celeste Amanda Torvalds (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisNils Torvalds (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna Torvalds (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLeo Torvalds (pt) Traducir, Christopher Torvalds (pt) Traducir, Alexander Torvalds (pt) Traducir e Sara Torvalds (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesOle Torvalds (pt) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
16 de setembro de 2018Sabbatical (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio «IEEE Computer Pioneer», «Millennium Technology Prize», Premio «Pioneiro EFF», entre outros.

Páxina webtorvalds-family.blogspot.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1127735 Allmovie: p306141
LinkedIn: linustorvalds Youtube: UCTRlMXh1ucCFQ9fZWCFfXWA TED: linus_torvalds Musicbrainz: 7783a6a1-fb37-4ece-ba14-e57e4febe124 GitHub: torvalds WikiTree: Torvalds-1 Editar o valor em Wikidata


Linus Torvalds (2002)

Traxectoria editar

Os seus pais tomaron o seu nome de Linus Pauling. O seu avó, un matemático e estatístico da Universidade mercou un dos primeiros microordenadores Commodore en 1980 e pediulle axuda para o usar.

En 1988 Linus foi admitido na Universidade de Helsinqui. Ese mesmo ano Andy Tannenbaum sacou á luz o sistema operativo Minix. Dous anos despois, en 1990, Torvalds comezou a aprender a linguaxe de programación C na súa universidade. A finais dos anos 80 tomou contacto cos computadores IBM PC e en 1991 adquiriu un ordenador con procesador modelo 80386 de Intel.

Á idade de 21 anos, con 5 anos de experiencia programando (un en C), xa coñecía o bastante do sistema operativo Minix como para lle tomar algunhas ideas prestadas e encetar un proxecto persoal. Baseándose en Design of the Unix Operating System, publicado por Maurice J. Bach en 1986, e modificando gradualmente o Kernel de Minix, creou unha adaptación que executaba programas informáticos creados polo proxecto GNU, pero sobre unha arquitectura de ordenadores compatibles, IBM/PC.

Este proxecto persoal desembocou o 5 de outubro de 1991 co anuncio [3] da primeira versión de Linux capaz de executar BASH (Bourne Again Shell) e o compilador coñecido como GCC (GNU Compiler Collection).

En xaneiro de 1992 adoptouse a Licenza Pública Xeral (GPL) para Linux. Esta engade liberdades de uso a Linux totalmente opostas ás do software privativo, permitindo a súa modificación, redistribución, copia e uso ilimitado. Este modelo de licenciamento facilita o que é coñecido como o modelo de desenvolvemento de bazar, que deu estabilidade e funcionalidade sen precedentes a este.

 
Linus Torvalds na Linuxworld 2000 en Nova York.

En 1997 Linus Torvalds recibe os premios 1997 Nokia Foundation Award de Nokia e Lifetime Achievement Award at Uniforum Pictures. Ese mesmo ano finaliza os estudos superiores (1988 - 1997) tras unha década como estudante e investigador na Universidade de Helsinqui, coordinando o desenvolvemento do núcleo do S.Ou. dende 1992.

Agora Torvalds traballa en Silicon Valley, California, (EUA). Só o 2% de Linux foi creado por el inicialmente nos anos 90, pero na súa persoa segue descansando a supervisión do desenvolvemento deste núcleo do sistema operativo.

Torvalds posúe a marca rexistrada "Linux" e supervisa [4] o uso (ou abuso) da marca a través da organización sen fins de lucro Linux International.

Notas editar

  1. Rogoway, Mike (7 de xuño de 2005). "Linus Torvalds, Incognito Inventor". The Oregonian. Arquivado dende o orixinal o 2009-05-23. Consultado o 7 de xaneiro de 2017. «É unha sorte de anti-celebridade, a fama élle sinxelamente ambivalente e está contento de estar apretado nunha casa dunha barriada chea de casas de millóns de dólares que está nos montes de Dunthorpe» 
  2. "Linus Torvalds 2008 Fellow". 
  3. Free minix-like kernel sources for 386-AT, de Linus Benedict Torvalds (5 de outubro, 1991)
  4. Linus Explains Linux Trademark Issues de CmdrTaco, Slashdot (en inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar