Minix é un clon do sistema operativo Unix distribuído xunto co seu código fonte e desenvolvido polo profesor Andrew S. Tanenbaum en 1987. A última versión oficial de Minix é a 3.0 e data de outubro de 2005.

Minix
Minix
DesenvolvedorAndrew S. Tanenbaum
Familia de S.O.Unix-like
Lanzamento1987
En galegoNon
Interface de usuarioliña de comandos
Tipo de núcleoMicroKernel
LicenzaNos inicios propietaria, BSD dende 2000
Última versión estable3.2.1 21 de febreiro de 2013
Estado actualEn desenvolvemento
Precedido porUnix
Sucedido porLinux
Sitio webminix3.org

Foi creado para ensinar aos seus alumnos o deseño de sistemas operativos na Vrije Universiteit de Ámsterdan. A razón do seu desenvolvemento foi que Unix estaba baixo restricións de licenza de AT&T, era demasiado complicado e corría sobre máquinas complexas.

Grazas ao seu reducido tamaño, deseño baseado en micronúcleo, e a súa ampla documentación, resulta bastante apropiado para persoas que desexan instalar un sistema operativo compatible con Unix na súa máquina persoal, así como aprender sobre o seu funcionamento interno. Minix foi desenvolvido para correr sobre IBM PC con procesador Intel 8088 ou superior, aínda que se crearon conversións para outros sistemas.

Debido ao enfoque puramente educativo de Minix, Tanenbaum non permitía que fose modificado demasiado xa que isto complicaba o sistema e non permitía que os seus estudantes o entendesen nun semestre. Por estes motivos, Linus Torvalds decidiu escribi-lo seu propio kernel de sistema operativo compatible con Unix (Linux), que -en simbiose co sistema operativo GNU, GNU/Linux- gañou protagonismo a Minix no campo dos Unix para ordenadores compatibles con IBM PC debido a que a súa licenza (GPL) permite a modificación do mesmo. Actualmente Minix se distrúe cunha licenza similar á licenza BSD, o que permite a súa modificación.

Para unha persoa pouco familiarizada cos elementos internos dun sistema operativo, Minix é unha boa opción que lle permite entender case tódolos elementos do sistema con só algúns meses de uso e estudo.

Ligazóns externas editar

Véxase tamén editar