Linguas de Europa

A maioría das linguas de Europe pertencen á familia de linguas indoeuropeas. Esta familia está dividida en numerosas pólas, incluíndo a itálica, a xermánica, a báltica, a eslava, a albanesa, a céltica, a armenia e a helénica (grego). As linguas urálicas, que inclúen o húngaro, o finés e o estoniano, tamén teñen unha presenza significativa en Europa. As familias turca e mongólica tamén teñen varios membros en Europa, mentres que as caucásicas noroccidentais, as caucásicas nororientais e kartvelianas son importantes nos extremos xeográficos de Europa. A lingua éuscara do oeste dos Pireneos é unha lingua illada sen relación con outro grupo, mentres que o maltés é a única lingua semítica co status de lingua nacional en Europa.

Principais linguas de Europa.

Número de falantes editar

A seguinte táboa amosa o número de falantes europeos de cada lingua de Europa. Existe un nivel alto de perigo de desaparición das linguas en Europa, só 42 linguas teñen máis dun millón de falantes.

Lingua Falantes Status oficial no país Status oficial nunha rexión
Adigueo 117 500   Adiguesia (Rusia)
Albanés 5 367 000   Albania,   Kosovo   Macedonia do Norte
Alemán 95 000 000   Austria,   Bélxica,   Alemaña,   Liechtenstein,   Luxemburgo,   Suíza   Tirol do Sur[1] (Italia)
Aragonés 54 481 [2]
Armenio 5 902 970   Armenia   República de Artsakh
Arromanés 114 340   Macedonia do Norte
Arpitano 140 000   Val de Aosta (Italia)
Asturiano 450 000
Ávaro 760 000   Daguestán (Rusia)
Azarí 24 226 940   Acerbaixán   Daguestán (Rusia)
Baskir 1 221 000   Bashkortostán (Rusia)
Belaruso 3 312 610   Belarús
Bosníaco 2 225 290   Bosnia e Hercegovina
Bretón 206 000
Búlgaro 8 157 770   Bulgaria
Calmuco 80 500   República dos Calmucos (Rusia)
Carelio 36 000   República de Carelia (Rusia)
Casaco 5 290 000   Casaquistán
Castelán 45 000 000   España
Catalán 10 000 000 [3][4]   Andorra   Illas Baleares,   Cataluña e   Comunidade Valenciana (España)
Caxubio 50 000   Polonia
Checo 10 619 340   República Checa
Checheno 1 361 000   Chechenia e   Daguestán (Rusia)
Chuvaxo 1 077 420   República dos Chuvaxos (Rusia)
Córnico 557   Cornualla (Reino Unido)
Corso 31 000   Córsega (Francia),   Sardeña (Italia)
Croata 5 752 090   Bosnia e Hercegovina,   Croacia   Burgenland (Austria)
Dinamarqués 5 522 490   Dinamarca   Illas Feroe (Dinamarca)
Erzya 119 330   Mordovia (Rusia)
Escocés 1 540 000   Escocia   Inglaterra (Reino Unido), Ulster (Irlanda e o Reino Unido)
Eslovaco 5 187 740   República Checa,   Eslovaquia   Voivodina (Serbia)
Esloveno 2 085 000   Eslovenia
Estoniano 1 165 400   Estonia
Estremeño 201 500
Éuscaro 545 872   País Vasco e   Navarra (España)
Feroés 66 150   Illas Feroe (Dinamarca)
Finés 5 392 180   Finlandia
Francés 65 700 000   Bélxica,   Francia,   Luxemburgo,   Mónaco,   Suíza   Val de Aosta (Italia),   Illa de Jersey (Reino Unido)
Frisón 467 000   Frisia (Países Baixos)
Friuliano 300 000
Gaélico escocés 68 130   Escocia
Gagauzo 173 920   Gagauzia (Moldavia)
Galego 2 355 000   Galicia (España)
Galés 536 890   Gales (Reino Unido)
Galó 28 000
Grego 13 432 490   Chipre,   Grecia   Albania (sur de Albania)
Húngaro 12 606 130   Hungría   Burgenland (Austria),   Voivodina (Serbia)
Inglés 59 800 000   Irlanda,   Malta,   Reino Unido
Ingrio 120
Irlandés 276 310   Irlanda Irlanda do Norte
Islandés 300 000   Islandia
Istriota 900
Istrio-romanés 1 100
Italiano 60 000 000   Italia,   San Marino,   Suíza,   Cidade do Vaticano   Condado de Istria (Croacia),   Istria eslovena (Eslovenia)
Jèrriais 2 800   Illa de Jersey (Reino Unido)
Kabardino 1 628 500   Kabardino-Balkaria e   Karachay-Cherkessia (Rusia)
Ladino 31 000   Belluno,   Tirol do Sur e Trentino (Italia)
Latín 30 000   Cidade do Vaticano
Letón 1 752 260   Letonia
Laz 22 000
Lígur 505 100
Lituano 3 001 860   Lituania
Lombardo 3 903 000
Luxemburgués 336 710   Luxemburgo
Macedonio 1 407 810   Macedonia do Norte
Maltés 522 000   Malta
Manx 1 000 ou menos   Illa de Man (Reino Unido)
Mari 509 090   República dos Maris (Rusia)
Megleno-romanés 5 000
Mingreliano 500 000
Mirandés 15 000   Miranda do Douro (Portugal)
Montenegrino 510 000   Montenegro
Napolitano 5 700 000 Nápoles (Italia)
Neerlandés 21 944 690   Bélxica,   Países Baixos
Noruegués 4 700 000   Noruega
Occitano 220 000   Cataluña (España),   Italia
Oseto 570 000   Osetia do Sur (de facto independente, de jure Xeorxia),   Osetia do Norte-Alania (Rusia)
Picardo 200 000   Bélxica
Piemontés 1 600 000   Piemonte (Italia)
Polaco 38 663 780   Polonia
Portugués 10 000 000   Portugal
Romanche 35 139   Suíza
Romanés 23 782 990   Moldavia,   Romanía   Voivodina (Serbia)
Romaní 484 780
Ruso 95 000 000 (en toda Europa)
82 000 000 (na Rusia europea)
  Belarús,   Casaquistán,   Rusia
Saami 30 000   Noruega,   Suecia,   Finlandia
Sardo 1 200 000   Sardeña (Italia)
Serbio 8 957 906   Bosnia e Hercegovina,   Kosovo,   Serbia
Siciliano 4 700 000
Silesiano 522 000 Alta Silesia e   Silesia (Polonia)
Sorabo 30 000 Lusacia (Alemaña)
Sueco 9 197 090   Finlandia,   Suecia
Svanuri 15 000
Tabasaran 126 900   Daguestán (Rusia)
Tártaro 5 400 000   Tatarstán (Rusia)
Tati 28 000   Daguestán (Rusia)
Tártaro de Crimea 475 540   Crimea e   Sebastopol (de facto Rusia, de jure Ucraína)
Turco 19 000 000   Turquía,   Chipre   República Turca do Norte de Chipre
Udmurto 340 000   Udmurtia (Rusia)
Ucraíno 32 600 000   Ucraína
Valón 600 000   Valonia (Bélxica)
Véneto 3 852 500   Véneto (Italia)
Vepsio 3 610   República de Carelia (Rusia)
Võro 75 000
Wymysorys 70   Polonia nativa de Wilamowice
Xeorxiano 4 237 710   Xeorxia
Xudeoitaliano 250
Yiddish 1 546 690   Bosnia e Hercegovina,   Países Baixos,   Polonia,   Romanía,   Suecia,   Ucraína

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar