Linguas itálicas

As linguas itálicas constitúen un grupo de linguas indoeuropeas cunha serie de trazos comúns. Inclúe as linguas romances (entre as que se atopan o galego, o español, o portugués, o francés, o italiano e o romanés) e a un certo número de linguas extintas, como o latín e outras linguas faladas na Antigüidade na Península Itálica.

Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común[1]. Todas as linguas itálicas comparten un bo número de isoglosas comúns; así, todas elas son linguas centum que non presentan palatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/.

Distribución das linguas romances máis faladas a principios do século XXI: castelán (verde escuro e verde claro), francés (azul e celeste), portugués (alaranxado), italiano (amarelo) e romanés (vermello).

Clasificación das linguas itálicas editar

As linguas itálicas están formadas por tres subfamilias propiamente ditas:

 
Ligazón morta]] Linguas da Italia prerromana][Ligazón morta].

Características comúns editar

Actualmente o termo linguas itálicas úsase para referirse a un conxunto de linguas indoeuropeas que comparten un certo número de trazos comúns e que tras un período longo de convivencia común sufriron un certo proceso de converxencia[2].

Con todo, autores como Silvestri [3] e Rix[4] argumentan que non existiu un proto-itálico común reconstructible, que cumpra estas dúas condicións:

  1. Debería ter un sistema fonolóxico que explicase o do latín e as linguas osco-umbras simultaneamente mediante cambios fonéticos posteriores.
  2. Debería representar unha fonoloxía e morfoloxía que presentase cambios respecto ao estado común indoeuropeo.

Do mesmo xeito que a teoría obsoleta do italo-céltico común, moitos autores refugaron a idea de que todas as similitudes das linguas itálicas débanse á existencia dun estadio lingüístico chamado itálico común, de cuxa diversificación xurdisen as linguas. De feito varios autores propuxeron explicar algunhas da características comúns como un fenómeno de Sprachbund que afectaría á chamada área lingüística medio-itálica.

Desenvolvementos fonológicos editar

As linguas itálicas comparten certo número de isoglosas e cambios fonéticos comúns respecto ao protoindoeuropeo común:

  • *p > p, *b > b, *bh- > f-, -*bh- > -b-,(-f-)
  • *t > t, *d > d, *dh- > f-, -*dh- > -d-
  • *k > k (<c>), *g > g, *gh- > h-
  • *kw > kw (<qu>)/k (<c>), *gw > v/g/f
  • *l > l
  • *Vm > Vm, *mV > mV, *Cm(C) > Cem(C)
  • *Vn > Vn, *nV > nV, *Cn(C) > Cen(C)
  • *r > r,
  • *s > s,
  • *w > v, *e > i

Notas editar

  1. 'Languages of the World', Macropaedia, Encyclopedia Britannica 15th edition, pp. 636
  2. Domenico Silvestri, 1993
  3. Silvestri, 1987
  4. Rix, 1983, p. 104

Véxase tamén editar

Bibliografía editar