Lingua miyako

lingua ryukyuana falada nas illa Miyako, no Xapón

A lingua miyako (宮古口/ミャークフツ Myākufutsu/Myākufutsї ou 島口/スマフツ Sumafutsu/Sїmafutsї) é unha lingua ou continuo dialectal falado nas illas Miyako, no suroeste das Illas Ryukyu, no Xapón. A lingua miyako é unha lingua ryukyuana, estreitamente relacioanda co yaeyama. O número de falantes da lingua é descoñecido. Como consecuencia da política lingüística xaponesa, que considerada a lingua como o dialecto miyako (宮古方言 Miyako hōgen?), o cal se reflicte no sistema educativo, as persoas máis novas tenden a non usar a lingua agás en cancións ou rituais, e polo xeral as novas xeracións usan o xaponés como primeira lingua. O miyako salienta entre as linguas xapónicas en que permite consoantes non nasais nos finais de sílabas, algo que non se encontra na maioría das linguas xaponesas.

Miyako
宮古口/ミャークフツ Myākufutsu
Pronuncia:[mjaːkufutss̩]
Falado en: Xapón
Rexións: Illas Miyako
Total de falantes: Descoñecido
Familia: Illada
 Xapónico
  Ryukyuano
   Miyako
Escrita: Escrita xaponesa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mvi
Mapa
Status

O miyako está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Un falante de miyako, gravado nos Estados Unidos.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar