A escrita xaponesa comprende tres sistemas de escrita clásicos e un de transcrición:

  • Kana, silabarios.
    • Hiragana, silabario para palabras de orixe xaponesa.
    • Katakana, silabario para palabras de orixe estranxeira.
  • Kanji, caracteres de orixe chinesa.
  • Romaji, representación do xaponés co alfabeto romano.

A seguinte táboa amosa exemplos de escrita nestes sistemas:

Kanji Hiragana Katakana Romaji Galego
わたし ワタシ watashi Eu
おとこ オトコ otoko home
煙草 たばこ タバコ tabako tabaco, cigarro

Elección de escrita editar

Todas as palabras en xaponés poden ser escritas en katakana, hiragana, ou romaji. Moitas palabras teñen tamén a súa escrita en kanji . A elección do sistema de escrita depende de moitos factores.

Deseguida se amosa un exemplo dun titular de xornal que usa os catro tipos (un titular do Asahi Shimbun do 19 de abril de 2004) (kanji vermello, hiragana azul, katakana verde, rōmaji e numerais árabes en negro):

ラドクリフ、マラソン五輪代表出場にも
radokurifu, marason gorin daihyō ni 1 man m shutsujō ni mo fukumi
"Radcliffe, participante do maratón olímpico, aparecerá tamén nos 10 000 m"

Algunhas palabras xaponesas escríbense con diferentes kanji dependendo do significado, polo que nestes casos se debe utilizar kanji no canto de kana para evitar erros. Por exemplo, a palabra hi () ten moitos significados entre eles, sol (日) e máis lume (火), polo que o uso do kanji é decisivo para a comprensión escrita da palabra.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar