Lina Ódena

política española

Paulina Ódena García, coñecida como Lina Ódena, nada en Barcelona o 22 de xaneiro de 1911 e finada en Granada o 14 de setembro de 1936, foi unha militante comunista española. Nos primeiros meses da Guerra Civil española quitouse a vida ao verse acurralada polas forzas sublevadas.[1]

Infotaula de personaLina Ódena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Paulina Ódena García Editar o valor em Wikidata
22 de xaneiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaComunismo, feminismo e Republicanismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , xornalista , miliciano Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España
Xuventude Socialista Unificada de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
J.Pons - Museu Nacional d'Art de Catalunya

Ódena era filla dun matrimonio que rexentaba unha xastrería no barrio barcelonés do Eixample. Desde moi nova axudou aos pais no negocio e sentiuse atraída polas ideas comunistas. Isto levouna a conflitos coa familia e pronto se independizou. En 1931 formou parte dunha delegación de mozos cataláns que estudaron na Unión Soviética durante máis dun ano, onde obtiveron a formación necesaria para desempeñaren futuros cargos.[2]

Ao seu regreso a España pasou a formar parte das Mocidades Comunistas de Cataluña. A súa gran capacidade e intelixencia permitíronlle ser nomeada en febreiro de 1933 secretaria xeral das Mocidades Comunistas de Cataluña. Ese mesmo ano foi candidata ao Parlamento da República. Ao estalar en Cataluña a Revolución de outubro de 1934, tomou as armas e participou activamente en combates en San Cugat del Vallés e outras localidades. Ao fracasar a sublevación pasou á clandestinidade e entrou a formar parte do Socorro Vermello Internacional. A policía detívoa en agosto de 1935 aínda que pronto foi liberada.[2]

Ese mesmo ano formou parte da delegación española do IV Congreso da Internacional Xuvenil Comunista (IJC) en Copenhague (Dinamarca). O Congreso tivo grande importancia, pois nel decidiuse que as mocidades comunistas debían unificarse coas doutros partidos revolucionarios para gañaren forza. Posteriormente, nuns meses especialmente convulsos, Ódena foi reclamada a Madrid pola dirección do PCE. As eleccións convocadas para febreiro de 1936 mobilizaron por primeira vez a toda a esquerda, unida nunha fronte común contra os demais partidos non marxistas: a Fronte Popular. Durante a campaña Ódena acompañou a Dolores Ibárruri "A Pasionaria" nos mitins que esta deu por toda a xeografía española. Tralos comicios que deron o triunfo á Fronte Popular, Ódena participou nas conversas que terminaron de unificar as mocidades marxistas de Cataluña.[2]

En xullo de 1936 Ódena estaba en Almería nun Congreso Provincial cando estalou a Guerra civil española. Participou en varios combates nos que tiveron un papel decisivo a prol da República dúas compañías de aviación fuxidas de Granada. Estas nomearon a Ódena representante no Comité Local. Como símbolo deste cargo Ódena luciu no seu mono de miliciana as ás da aviación que levou até a súa morte, conforme reflicten as últimas fotografías que lle fixeron. A columna da que Ódena formaba parte foi asignada á toma de Guadix e máis tarde á de Motril. Neste tempo tamén realizou breves viaxes a Madrid e Barcelona para reunir armas, tralos que regresou inmediatamente á fronte.[2]

O 14 de setembro, xunto ao Pantano de Cubillas (Granada), o chofer do coche no que ía Ódena equivocouse nun cruzamento e foi dar directamente a un control de falanxistas. Ao verse rodeada, Ódena sacou o seu revólver e suicidouse dun disparo na tempa. Segundo o historiador falanxista Julio Belza, que formaba parte daquel control, Ódena asasinara o 15 de agosto o sacerdote Manuel Vázquez Alfaya no Camiño de Las Cañas, en Motril (Granada) disparándolle na cabeza.[3][4] Con todo, outras fontes (entre outros, Manuel Moreno, biógrafo de Ódena) aseguran que esa información é falsa.[5][6]

En 1937 o goberno comunista de Villena (Alacant) cambiou o nome de La Colonia de Santa Eulalia polo de La Colonia de Lina Ódena. Porén, o cambio do nome da pedanía foi revertido en 1940 polo consistorio franquista.[7] César Vallejo recordouna no "Himno a los voluntarios de la República", recollido no poemario "España, aparta de mí este cáliz":

El mundo exclama: «¡Cosas de españoles!» Y es verdad. Consideremos,

durante una balanza, a quema ropa,
[... /...] a Teresa, mujer, que muere porque no muere

o a Lina Odena, en pugna en más de un punto con Teresa...[8]

Un espazo cultural de Granada leva o seu nome: o Centro Obreiro e Popular Lina Ódena.

Notas editar

  1. Gascón Ricao, Antonio. "Memoria - República - Personajes - Lina Odena". Sociedad Benéfica de Historiadores Aficionados y Creadores. Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Pozo Felguera, Gabriel. "Lina Odena García (1911-1936)". Asociación Granadina para la Recuperación de la Memoria Histórica (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  3. Belza, Julio (1974). "Así murió Lina Odena": 156-157. 
  4. Eslava Galán, Juan (6 de xuño de 2013). Una Historia de la Guerra Civil que no va a gustar a nadie (en castelán). Barcelona: Planeta. ISBN 9788408114635. 
  5. Moreno, Manuel (2008). Lina Ódena, Lluita de Dona (en cat). Debarris. ISBN 9788493534288. 
  6. Ramírez Navarro, Antonio (10 de xullo de 2015). "Apéndices". Anarquistas y Comunistas en la Formación del Movimiento Obrero Almeriense (1872-1939) (PDF) (en castelán). Tese doutoral (1ª ed.). Almería: Universidad de Almería. p. 532. ISBN 9788416027958. 
  7. Costa Vidal, Fernando (1997). "1936: Los albores de la Guerra". Villena durante la Guerra Civil (1936-1939). Ensayo e Investigación 68. Instituto de Cultura "Juan Gil-Albert". ISBN 9788477842903. 
  8. César Vallejo, Obra poética completa, Madrid, Alianza Editorial, 1982, ISBN 84-206-5442-6, p. 282.