Lightning Bolt (álbum de Lightning Bolt)
Lightning Bolt (tamén coñecido como The Yellow Record ou The Yellow Album) é o álbum de estrea da banda de noise rock Lightning Bolt, publicado en 1999 a través do selo Load Records. Orixinalmente cinco dos temas do disco foron gravados no estudio, porén, coa excepción dunha canción, a banda descartounos e no seu lugar puxo versións lo-fi ao vivo dos temas no álbum. Un "casete de acompañamento" de 50 minutos titulado Zone estivo dispoñible por tres dólares a través dos pedidos por correo cando o disco foi editado. Este material aparece como dúas cancións extra no lanzamento en CD.
Lightning Bolt | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Lightning Bolt | ||||
Publicado | 1999 | |||
Gravación | 1997 - 1998 | |||
Duración | 31:44 | |||
Xénero(s) | noise rock | |||
Selo(s) | Load Records | |||
Producido por | Dave Auchenbach | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
A edición orixinal en vinilo estaba limitada a 750 copias. O CD tiña unha portada lixeiramente diferente.
Listaxe de cancións editar
- "Into the Valley" – 10:46
- "Murk Hike" – 3:04
- "Caught Deep in the Zone" – 3:13
- "Fleeing the Valley of Whirling Knives" – 10:37
- "Mistake" – 4:04
Temas de Zone editar
- Zone – 32:46
- And Beyond – 14:22