Liga Europea de hóckey a patíns 2021/22

A Liga Europea de hóckey a patíns 2021/22 é a 57ª tempada do principal torneo de hóckey a patíns de Europa, organizado polo WS Europe.

Liga Europea 2021/22
Liga Liga Europea de hóckey a patíns
Deporte Hóckey a patíns
Duración 23 de outubro de 2021 - 15 de maio de 2022
Equipos 8
← 2020-21

A edición estivo marcada pola ausencia de todos os grandes clubs de hóckey a patíns de Europa.

Antecedentes editar

Aproveitando a disputa en Luso (Portugal) da final a catro da Liga Europea masculina 2020/21 durante os días 15 e 16 de maio, os representantes da Asociación Europea de Clubs de Hóckey a Patíns (coñecida polas súas siglas en inglés "EHCA") e dos comité de hóckey a patíns da World Skate mantiveron unha reunión para comezar a traballar conxuntamente na nova edición da máxima competición continental de hóckey a patíns, co obxectivo de mellorala e profesionalizala, así como darlle unha maior visibilidade á modalidade.[1]

Segundo os clubs da EHCA, a necesidade de modificar a Liga Europea obedecía á difícil situación económica do hóckey a patíns europeo, en palabras do portavoz da Asociación, Toni Miró:[2]

A nós cústanos cartos xogar en Europa. Gastamos nos desprazamentos mais non temos ningún ingreso

— Toni Miró

Dous meses despois desta primeira reunión, durante a Asemblea Xeral da EHCA celebrada o 16 de xullo, os clubs membros da EHCA acordaron por unanimidade non inscribirse na Liga Europea 2021/22. Nun comunicado emitido o 26 de xullo sinalábase que logo de celebrarse varias reunións entre a asociación, o WSE-RH e o WSRH, o comité europeo de hóckey a patíns non se pronunciara sobre o recoñecemento da EHCA como coorganizador, como solicitara na derradeira reunión o 21 de xullo, nin dera a coñecer as características da nova edición da máxima competición do hóckey a patíns europeo. Neste punto semellaba que a EHCA organizaría a súa propia competición en setembro integrada polos clubs membros, así como aqueles que gañaran a súa participación por méritos deportivos.[3]

Con todo, as conversas continuaron e logo dunha reunión telemática celebrada o 29 de xullo, e na que participaron o Director de Sport Departmente de WS Francesco Zangarini, o Director de WS-RHTC e presidente de RFEP Carmelo Paniagua, o Director de WSE-RHTC Agostinho da Silva, o presidente da FPP, e o Presidente da EHCA Joao Nuno Araujo, a situación mudou. Todas as partes chegaron a un acordo sobre o modelo de competición para a Liga Europea 2021/22, na que participarían un máximo de 16 equipos en dous grupos de oito equipos cun formato de liga todos contra todos a dobre volta con partidos disputados os xoves, finalizando cunha final a oito na que participarían os catro mellores equipos de cada grupo. A inscrición de máis equipos na competición obrigaría a programar unha fase previa. A EHCA confiaba que o diálogo permitira chegar a un acordo definitivo para traballar conxuntamente na organización da máxima competición do hóckey a patíns continental.[4][5]

Lonxe de chegarse a unha solución, 48 horas despois de chegar a un acordo sobre o modelo de competición, WS Europe retractouse e mantivo o formato de catro grupos de catro equipos cada un a unha única volta. A EHCA anunciou o 9 de setembro que os seus integrantes, doce equipos en total,[a] só xogarían a Liga Europea baixo o sistema que acordaran as partes. A máxima competición do hóckey a patíns europeo encontrábase nunha situación similar á que viviu o baloncesto europeo cando a Euroleague organizou o seu propio torneo á marxe da FIBA.[5]

Finalmente o sorteo da competición, celebrado o sábado 10 de setembro de 2021 na localidade portuguesa de Paredes, evidenciou a ruptura entre WS Europe e a EHCA, ao non presentarse ningún dos seus integrantes ao mesmo.[6]

Formato editar

A negativa dos grandes clubs europeos deu como resultado un feito histórico no hóckey a patíns continental, xa que por primeira vez na historia da máxima competición europea non houbo ningún equipo español e viu un formato reducido con tan só oito equipos de Francia, Italia, Portugal e Suíza.[6]

O número reducido de equipos obrigou a un formato reducido consistente nunha fase de grupos e unha final a catro. Na fase de grupos, os oito equipos participantes repartíronse en dous grupos de catro equipos cada un, xogando unha liguiña a dobre volta todos contra todos. A fase de grupos comezou o 23 de outubro de 2021 e finalizará o 9 de abril de 2022. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasifícanse para a final a catro que se disputará entre os días 14 e 15 de maio nunha sede a decidir.[7]

Equipos participantes na Liga Europea 2021/22
Equipos[b]
Grupo A Grupo B
  Amatori Lodi ()   US Coutras ( - )
  La Vendéenne ( - )   RHC Diessbach ( - )
  Sporting Tomar ()   Sarzana ()
  GSH Trissino ()   AD Valongo ()

Equipos participantes editar

Equipo Cidade Estadio Capacidade Adestrador
Amatori Lodi   Lodi PalaCastellotti 2 000 Pierluigi Bresciani
US Coutras   Coutras Patinoire Milou Ducourtioux 1 000 Miquel Sanchez Sevilla
RHC Diessbach   Diessbach bei Büren Sportanlage 200 Reto Wyss
La Vendéenne   La Roche-sur-Yon Complexe Sportif de l'Angelmière 680 Lucas Gaucher
Sarzana   Sarzana Pista Vecchio Mercato 800 Mirko Bertolucci
Sporting Tomar   Tomar Pavilhão Municipal Cidade de Tomar 900 Nuno Luis Grades Lopes
GSH Trissino   Trissino Palasport Comunale 800 Alessandro Bertolucci
AD Valongo   Valongo Pavilhão Municipal de Valongo Juan Ignacio Edo Bosch

Fase de grupos editar

Grupo A editar

Clasificación editar

Pos Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts
1   GSH Trissino 4 2 2 0 14 10 +4 8
2   Amatori Lodi 4 2 1 1 12 9 +3 7
3   Sporting Tomar 4 1 3 0 13 11 +2 6
4   La Vendéenne 4 0 0 4 5 14 -9 0

Partidos editar

Grupo B editar

Clasificación editar

Pos Equipo PX PG PE PP GF GC DG Pts
1   AD Valongo 4 3 1 0 19 8 +11 10
2   Sarzana 4 2 1 1 18 18 0 7
3   RHC Diessbach 4 2 0 2 14 17 -3 6
4   US Coutras 4 0 0 4 10 18 -8 0

Partidos editar

Notas editar

  1. Nese momento a EHCA estaba integrada por cinco equipos da OK Liga (FC Barcelona, CH Caldes, HC Liceo, CE Noia e Reus Deportiu), cinco equipos portugueses (OC Barcelos, SL Benfica, UD Oliveirense, FC Porto e Sporting de Lisboa), o HC Forte dei Marmi italiano, e o SCRA Saint-Omer francés.[5]
  2. Entre parénteses clasificación dos equipos nas súas respectivas ligas. Os campionatos francés e suízo foron suspendidos pola Pandemia de COVID-19.[8]
Referencias
  1. "La EHCA y la WS empiezan a trabajar juntos en la nueva competición europea 2021-2022". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de maio de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  2. "Crisis en el hockey patines: ha empezado la Champions sin Barça ni los otros grandes". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de outubro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  3. "Los clubes de la EHCA acuerdan no inscribirse en la Liga Europea 21/22" (en castelán). HC Liceo. 26 de xullo de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  4. "Los clubes de EHCA deciden inscribirse a la Liga Europea". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de agosto de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "El Barça y los mejores clubs se desmarcan de la Liga Europea". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de setembro de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "El sorteo de la Liga Europea consuma la división del hockey continental". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de setembro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  7. "World Skate Europe Rink Hockey Media Guide 2021/2022" (PDF) (en inglés). WS Europe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  8. "Rink hockey. Arrêt de toutes les compétitions et saison blanche" (en francés). 8 de abril de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar