Le Testament d'un excentrique

Le Testament d'un excentrique é unha novela en lingua francesa do escritor Jules Verne, publicada por capítulos na segunda serie da revista Magasin d’Education et de Récréation entre o 1 de xaneiro (volume 9, número 97) e o 15 de decembro (volume 10, número 120) de 1899 , e como libro íntegro o 3 de agosto dese mesmo ano.[1]

Le Testament d'un excentrique
Título orixinalLe testament d’un excentrique
Autor/aJules Verne
Ilustrador/aGeorge Roux
Orixe Francia
LinguaFrancés
ColecciónNarrativa
Tema(s)Viaxes; xeografía
Xénero(s)Novela de aventuras
EditorialPierre-Jules Hetzel
Data de pub.1899
editar datos en Wikidata ]

Trátase dunha novela de aventuras que trata a viaxe a través dos Estados Unidos de América mediante unha modificación do xogo da oca, no que a cada estado lle corresponde un ou varios recadros do xogo.

Trama editar

William J. Hypperbone é un home solitario e rico, membro do Excentric Club de Chicago, gran afeccionado ao xogo da oca. Deixa escrito que a súa última vontade é a celebración dun funeral excéntrico, no que prime a ledicia, a música e a suntuosidade. Amais, indica que se debe escoller por sorteo seis habitantes da cidade para que leven o cadaleito. O testamento de Hypperbone dáse a coñecer quince días despois do falecemento, e os rumores indican que legará a súa riqueza a unha desas seis persoas.

Logo dunha grande expectativa, danse a coñecer os nomes das persoas escollidas no sorteo:

  • Hodge Urrican: antigo mariño, bastante irascible e temperamental. Vai acompañado do seu amigo Turk, tamén unha persoa enfurecida.
  • Lissy Wag: caixeira nunha tenda, unha rapaza sinxela. Acepta ir ao funeral porque lle insiste a súa amiga Jovita Foley, quen ten especial interese noutro dos elixidos, Max Real.
  • Harris T Kymbale: xornalista do Chicago Tribune.
  • Hermann Titbury: usureiro, avaro, casado e sen descendencia. Acompáñao a súa muller.
  • Tom Crabbe: boxeador torpe e bestial. Acompáñao o seu representante, John Milner, quen fala e pensa por el.
  • Max Real: pintor, emocionado por viaxar. Acompáñao o seu criado Tommy.

Unha vez aberto o testamento desvélase que a fortuna de Hypperbone ascende a 60 millóns de dólares, e que se entregará á persoa gañadora nun singular xogo da oca que se desenvolverá nos Estados Unidos de América. Desta forma, os 64 recadros do xogo repartíronse entre os 50 estados que entón compuñan o país. No xogo participan as seis persoas elixidas por sorteo máis un misterioso xogador coñecido como XKZ.

Logo de varias quendas a sorte dos xogadores é diversa, pois ás veces caen no pozo ou no cárcere e deben volver atrás. Finalmente gaña o xogo XKZ, que era o propio Hypperbone. O millonario non morrera, senón que sufrira un ataque de catalepsia, e ao se recuperar e ver a expectativa creada deixou seguir as cousas coa axuda do notario Tornbrock e do presidente do Excentric Club, Mr. Higgingbotham.

 
Taboleiro do "Nobre Xogo dos Estados Unidos" ("Noble Jeu des États-Unis").

Temática editar

A Xeografía, unha das constantes na obra de Verne, ten unha forte carga nesta obra. Hai numerosas citas aos libros de Élisée Reclus ao describir os estados e cidades polos que discorre a viaxe. Amais da xeografía física aparece tratada tamén a xeografía humana, coas diversas particularidades dos habitantes estadounidenses, que aparecen retratados como duros, ambiciosos e amables mais con propósitos firmes, fronte aos ingleses que describe como fríos, groseiros e antipáticos.

Na novela hai tamén espazo para as relacións amorosas, coa relación entre Lissy Wag e Max Real.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar