O Chicago Tribune é un dos principais xornais da cidade de Chicago, Illinois, (Estados Unidos), propiedade da Tribune Company. Anteriormente coñecido como o World's Greatest Newspaper (coñecido como WGN en radio e televisión), segue sendo o principal diario de Chicago e a súa zona metropolitana, sendo o oitavo periódico máis importante de Norteamérica en vendas.[1]

Chicago Tribune

Editar o valor em Wikidata
TipoXornal diario
Formato de páxinaBroadsheet
Fundación10 de xuño de 1847
PropietarioTribune Publishing
FundadorJames Kelly, John E. Wheeler e Joseph K. C. Forrest
LinguaInglés
LocalidadeChicago
Tiraxe448.930 (luns a venres)
331.190 (sábados)
853,324 (domingos)
ISSN2165-171X
Número OCLC60639020
Na rede
https://www.chicagotribune.com/, http://library.pressdisplay.com/pressdisplay/viewer.aspx?newspaper=chicago+tribune&cid=1055, http://www.chicagotribune.com/, http://digitalmicrofilm1.proquest.com e http://infoweb.newsbank.com/?db=CTRB
Rottentomatoes: critics/source/68
Facebook: chicagotribune Twitter: chicagotribune Instagram: chicagotribune Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O 2 de abril de 2007, o Tribune anunciou un plan de venda de accións por valor de 8,2 miles de millóns USD, cun prezo de saída de 34$ por acción, e un plan de propiedade de accións para os empregados. O novo presidente do diario é o magnate Sam Zell. Asemade, como parte do acordo, os Chicago Cubs e o seu estadio, o Wrigley Field, foron vendidos, así como a cota do Tribune do grupo de canles de televisión Comcast SportsNet.[2]

Historia editar

O Tribune foi fundado por James Kelly, John E. Wheeler e Joseph KC Forrest, aparecendo o seu primeiro número o 10 de xuño de 1847. Logo dun cambio de editores, absorbeu outras tres publicacións da cidade: o Free West en 1855, o Democratic Press en 1858, e o Chicago Democrat en 1861. O seu principal rival na cidade era o Chicago Daily News, fundado en 1875.

En 1910, cunha tirada de 188.000 exemplares, era o terceiro diario máis vendido en Chicago.

Algunhas das grandes primicias do Tribune foron a publicación do texto orixinal do Tratado de Versalles, en xuño de 1919, e a súa revelación dos plans de guerra dos Estados Unidos en vésperas do ataque xaponés a Pearl Harbor. Na súa portada do 7 de xuño de 1942 anunciou que os Estados Unidos descifrara o código militar PURPLE do Xapón.

Debido ao Regulamento Xeral de Protección de Datos, a páxina web do Chicago Tribune non é accesible dende os países da Unión Europea dende 2018.[3]

Notas editar

  1. "Top 100 diarios de los EE.UU." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de setembro de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  2. "Chicago Tribune. Noticia de la compra por Sam Zell". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2009. Consultado o 02 de maio de 2009. 
  3. Newcomb, Alyssa (25 de maio de 2018). "Chicago Tribune, Los Angeles Times block European users due to GDPR". NBC News (en inglés). 

Véxase tamén editar