Na historia da criptografía, 97-shiki oobun Inji-ki (九七式欧文印字機) (Máquina de impresión do sistema 97 para caracteres europeos ("System 97 Printing Machine for European Characters")) ou Angooki B-gata (暗号機B型) ("Máquina de cifrado de tipo B"), chamada PURPLE (Púrpura) polos Estados Unidos, foi unha máquina de criptografía diplomática usada polo Xapón durante a segunda guerra mundial. A máquina era un dispositivo electromecánico. A información sobre as desencriptacións foron eventualmente chamadas Magic dentro do goberno dos Estados Unidos.

Fragmento dunha máquina púrpura na embaixada xaponesa en Berlín, obtida polos Estados Unidos ó remate da segunda guerra mundial.

Historia editar

O nome clave "PURPLE" era usado polos criptoanalistas estadounidenses para referirse á máquina, referido o material producido por varios sistemas; antes houbo a RED máquina usada pola Japanese Foreign Office (oficina estranxeira xaponesa), e purple (púrpura) era a seguinte cor dispoñible. Os xaponeses tamén usaron CORAL e JADE. PURPLE era a sucesora mellorada, da máquina criptográfica RED, que os americanos chamaron "M machine". PURPLE e RED foron deseñados polo capitán da Navy xaponesa Risaburo Ito[1]. O creador principal de PURPLE era Kazuo Tanabe.

Puntos febles editar

Nas operacións, a máquina criptográfica aceptaba caracteres de entrada escritos á máquina (letras latinas) e producía texto cifrado de saída, e viceversa cando se descifran mensaxes. O resultado era un criptosistema excelente. En realidade, erros operacionais, principalmente en claves opcionais, fixo o sistema menos seguro do que podería ser. Os xaponeses crían que tiña unha grande eficacia irrompible en todas partes e posteriormente, na guerra. Esta seguridade foi "rota" por un equipo da armada estadounidense dedicada ós signos de intelixencia (US Army Signals Intelligence Service), dirixidos por William Friedman. O equipo foi dirixido por Frank Rowlett.

Aparentemente, todas as outras máquinas PURPLE das embaixadas xaponesas e consulados arredor do mundo (países do eixe, Washington, Londres, Moscova, e en países neutrais) e no Xapón mesmo, foron destruídas e enterradas na area xaponesa. As tropas americanas que ocuparon o Xapón entre 1945 e 1952 procuraron calquera parte que quedara da máquina.

A máquina PURPLE foi usada por primeira vez no Xapón en xuño de 1938, pero criptoanalistas estadounidenses e británicos xa conseguiran descifrar algunhas mensaxes antes do ataque a Pearl Harbor.

Notas editar

  1. Robert J. Hanyok, "Before Enigma: Jan Kowalewski and the Early Days of the Polish Cipher Bureau (1919–22)", Appendix B in Władysław Kozaczuk and Jerzy Straszak, Enigma — How the Poles Broke the Nazi Code, 2004, ISBN 078180941X, p. 93

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Freeman, Wes., Geoff Sullivan, e Frode Weierud, "PURPLE Revealed: Simulation and Computer-Aided Cryptanalysis of Angooki Taipu B", Cryptologia 27(1), xaneiro de 2003. pp 1–43.
  • Ronald W. Clark, "The Man Who Broke Purple: the Life of Colonel William F. Friedman, Who Deciphered the Japanese Code in World War II", setembro de 1977, Little Brown & Co, ISBN 0316145955.
  • Frank Rowlett, "The Story of Magic, Memoirs of an American Cryptologic Pioneer", 1998, Aegean Park Press, ISBN 0894122738. First-hand account of the breaking of Purple.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar