Lanzamento de xavelina

Lanzamento de xavelina
centrado
Mellores marcas homes
Mundial  CZE Jan Železný 98,48 m (1996)
Olímpico  NOR Andreas Thorkildsen 90,57 m (2004)
Mellores marcas mulleres
Mundial  CZE Barbora Špotáková 72,28 m (2008)
Olímpico  CUB Osleidys Menéndez 71,53 m (2004)

O lanzamento de xavelina é unha proba de atletismo que, como o seu nome indica, consiste en lanzar unha xavelina. A xavelina está construída cun material regulamentario de metal ou de fibra de vidro, co obxectivo de que chegue o máis lonxe posíbel. O lanzamento de xavelina forma parte do programa de atletismo dos Xogos Olímpicos da era moderna desde 1908.

Orixe deste deporte editar

Tendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.

En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade.[1]

O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos.
Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguientes:

 
O campión olímpico Erik Lemming, na proba de xavelina-estilo libre dos Xogos Olímpicos de 1908.

A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.[2]

Regulamento editar

 
Para lanzar a xavelina, débese agarrar polo cordame.

A xavelina constrúese de acordo cun detallado conxunto de especificacións publicadas pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). A súa lonxitude total, para lanzadoes masculinos, debe ser de polo menos 260 cm, e o seu su peso de polo menos 800 g. Para mulleres é algo máis curta e lixeira: dun mínimo de 220 cm de longo e de 600 g de peso.[1]

A xavelina lánzase desde un corredor dunha lonxitude de 30 m, acabado nun arco de 38 m de radio. O sector de caída está marcado con dous liñas brancas de 45 cm de anchura, de tal modo que se os bordos internos das liñas se prolongasen deberían pasar polas catro interseccións dos bordos interiores do arco e as liñas paralelas que delimitan o corredor de impulso e que se cruzan no punto central do círculo do cal o arco forma parte. O sector terá así 59º aproximadamente.

Para realizar cada intento, o atleta dispón dun minuto. Normalmente, nas probas clasificatorias, cada atleta realiza tres intentos, e os oito atletas con mellor marca válida, ou todos se son oito ou menos, realizan na fase final outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca na clasificación.

A xavelina débes agarrar pola cordame (ou, polo menos, a man do atleta debe tocala), e lanzarse por riba do ombro ou do brazo de lanzar; non se permite lanzala en rotación nin pode o atleta dar as costas ao sector de caída antes de soltar a xavelina; os estilos non clásicos non están autorizados. Se a xavelina rompe no intento ou no aire non se contará como lanzamento nulo; tampouco sa a rotura fai perder o equilibrio ao atleta e provoca que toque fóra do arco; neste caso permitiráselle volver a comezar. Na caída, a punta metálica debe tocar o solo antes que cualquier outra parte da xavelina.

O atleta debe termar da xavelina pola empuñadura situada no seu centro de gravidade e lanzala por riba do ombro e cerca da orella.

En Galicia editar

   

Lidia Parada no Campionato de España de 2015.
Gustavo Dacal en 2010.

Atletas galegos destacados nesta disciplina son:

  • Abelardo Moure, coñecido como Ladro, nado na Pobra do Caramiñal en 1979, que foi lanzador de xavelina e, na actualidade, é adestrador de atletas, no pobrense campo da Alta, en Cabío. Entre as atletas que foron, ou son, adestradas por el, destacan campioas do talle de Ana Peleteiro (hoxe dedicada ao triplo salto) e Lidia Parada. A primeira erixiuse en campioa mundial júnior de triplo salto.[3][4]
  • A súa pupila a lanzadora Lidia Parada, pobrense coma o seu adestrador, nada o 11 de xuño de 1993, é a actual campioa de España nesta especialidade.[5] Foi campioa galega de lanzamento de xavelina en varias ocasións,[6] e proclamouse tamén campioa de España de categorías de idade en seis veces distintas. Até o de agora, Parada non perdeu nin un só campionato estatal de lanzamento de xavelina.[7]
  • Gustavo Dacal, que mantén a mellor marca galega con 78,88 m e dez veces campión de España.

Récords editar

(Actualizado o 10 de xullo de 2018)

Marca (m) Atleta País Lugar Data
Mundial (WR) Homes 98,48 Jan Železný   República Checa Jena 25-05-1996
Mulleres 72,28 Barbora Špotáková   República Checa Stuttgart 13-09-2008
Olímpico (OR) Homes 90,57 Andreas Thorkildsen   Noruega Pequín 23-08-2008
Mulleres 71,53 Osleidys Menéndez   Cuba Atenas 27-08-2004
Europeo (ER) Homes 98,48 Jan Železný   República Checa Jena 25-05-1996
Mulleres 72,28 Barbora Špotáková   República Checa Stuttgart 13-09-2008
Americano (AM) Homes 91,29 Breaux Greer   Estados Unidos Indianapolis 21-06-2007
Mulleres 71,70 Osleidys Menéndez   Cuba Helsinqui 14-08-2005
Africano (AF) Homes 92,72 Julius Yego   Kenya Pequín 26-08-2015
Mulleres 69,35 Sunette Viljoen   Suráfrica Nova York 09-06-2012
Asiático (AS) Homes 91,36 Cheng Chao-Tsun Modelo:TPE Taipei 26-08-2017
Mulleres 67,69 Lü Huihui   China Halle 26-05-2018
Oceánico (OC) Homes 89,02 Jarrod Bannister   Australia Brisbane 29-02-2008
Mulleres 68,92 Kathryn Mitchell   Australia Gold Coast 11-04-2018

Atletas con mellores marcas mundiais editar

Homes (Actualizado o 10 de xullo de 2018).[8]
Posto Resultado Atleta País Lugar Data
1 98 m 48 cm Jan Železný   República Checa Jena 25-05-1996
2 94 m 44 cm Johannes Vetter   Alemaña Lucerna 11-07-2017
3 93 m 90 cm Thomas Rohler   Alemaña Doha 05-05-2017
4 93 m 09 cm Aki Parviainen   Finlandia Kuortane 26-06-1999
5 92 m 72 cm Julius Yego   Kenya Pequín 26-08-2015
6 92 m 61 cm Serguéi Makárov   Rusia Sheffield 30-06-2002
7 92 m 60 cm Raymond Hecht   Alemaña Oslo 21-06-1995
8 92 m 06 cm Andreas Hofmann   Alemaña Offenburg 02-06-2018
9 91 m 69 m Konstadinós Gatsioúdis   Grecia Kuortane 24-06-2000
10 91 m 59 cm Andreas Thorkildsen   Noruega Oslo 02-06-2006
Modelo antigo
Posto Resultado Atleta País Lugar Data
1 104 m 80 cm Uwe Hohn   Alemaña Oriental Brandeburgo 20-06-1984

Ao final dos anos 1950 Miguel de la Quadra-Salcedo logrou unha marca de 112,30 m. Para iso utilizou o chamado "estilo español" ou "estilo Erausquin", técnica creada por Félix Erausquin. Pero a IAAF prohibiu a técnica por ser perigosa para os Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e anulou todos os rexistros previos.[9]

Mulleres (Actualizado o 10 de xullo de 2018).[10]
Poto Marca Atleta País Lugar Data
1 72 m 28 cm Barbora Špotáková   República Checa Stuttgart 13-09-2008
2 71 m 99 cm Maria Abakumova   Rusia Daegu 02-09-2011
3 71 m 70 cm Osleidys Menéndez   Cuba Helsinqui 14-08-2005
4 70 m 20 cm Christina Obergföll   Alemaña Múnic 23-06-2007
5 69 m 48 cm Trine Hattestad   Noruega Oslo 28-07-2000
6 69 m 35 cm Sunette Viljoen   Suráfrica Nova York 09-06-2012
7 68 m 92 cm Kathryn Mitchell   Australia Gold Coast 11-04-2018
8 68 m 43 cm Sara Kolak   Croacia Lausana 06-07-2017
9 68 m 34 cm Steffi Nerius   Alemaña Elstal 31-08-2008
10 67 m 69 cm Katharina Molitor   Alemaña Pequín 30-08-2015
10 67 m 69 cm Lü Huihui   China Halle 26-05-2018

Medallas olímpicas editar

Homes
Edición   Ouro   Prata   Bronce
Londres 1908   Suecia Eric Lemming (54,83 m)   Noruega Arne Halse   Suecia Otto Nilsson
Estocolmo 1912   Suecia Eric Lemming (60,64 m)   Rusia Juho Saaristo   Hungría Mór Kóczán
Antuerpen 1920   Finlandia Jonni Myyrä (65,78 m)   Finlandia Urho Peltonen   Finlandia Pekka Johansson
París 1924   Finlandia Jonni Myyrä (62,96 m)   Suecia Gunnar Lindström   Estados Unidos Eugene Oberst
Ámsterdam 1928   Suecia Erik Lundqvist (66,60 m)   Hungría Béla Szepes   Noruega Olav Sunde
Los Ángeles 1932   Finlandia Matti Järvinen (72,71 m)   Finlandia Matti Sippala   Finlandia Eino Penttilä
Berlín 1936   Alemaña Gerhard Stock (71,84 m)   Finlandia Yrjö Nikkanen   Finlandia Kalervo Toivonen
Londres 1948   Finlandia Tapio Rautavaara (69,77 m)   Estados Unidos Steve Seymour   Hungría József Várszegi
Helsinqui 1952   Estados Unidos Cyrus Young (73,78 m)   Estados Unidos Bill Miller   Finlandia Toivo Hyytiäinen
Melbourne 1956   Noruega Egil Danielsen (85,71 m)   Polonia Janusz Sidło   Unión Soviética Viktor Tsybulenko
Roma 1960   Unión Soviética Viktor Tsybulenko (84,64 m)   Alemaña Walter Krüger   Hungría Gergely Kulcsár
Toquio 1964   Finlandia Pauli Nevala (82,66 m)   Hungría Gergely Kulcsár   Unión Soviética Jānis Lūsis
México 1968   Unión Soviética Jānis Lūsis (90,10 m)   Finlandia Jorma Kinnunen   Hungría Gergely Kulcsár
Múnic 1972   Alemaña Klaus Wolfermann (90,48 m)   Unión Soviética Jānis Lūsis   Estados Unidos Bill Schmidt
Montreal 1976   Hungría Miklos Németh (94,58 m)   Finlandia Hannu Siitonen   Romanía Gheorghe Megelea
Moscova 1980   Unión Soviética Dainis Kūla (91,20 m)   Unión Soviética Aleksandr Makarov   Alemaña Oriental Wolfgang Hanisch
Los Ángeles 1984   Finlandia Arto Härkönen (86,76 m)   Reino Unido Dave Ottley   Suecia Kenth Eldebrink
Seúl 1988 [11]   Finlandia Tapio Korjus (84,28 m)   Checoslovaquia Jan Železný   Finlandia Seppo Räty
Barcelona 1992   Checoslovaquia Jan Železný (89,66 m)   Finlandia Seppo Räty   Reino Unido Steve Backley
Atlanta 1996   República Checa Jan Železný (88,16 m)   Reino Unido Steve Backley   Finlandia Seppo Räty
Sidney 2000   República Checa Jan Železný (90,17 m)   Reino Unido Steve Backley   Rusia Sergey Makarov
Atenas 2004   Noruega Andreas Thorkildsen (86,50 m)   Lituania Vadims Vasiļevskis   Rusia Sergey Makarov
Beijing 2008   Noruega Andreas Thorkildsen (90,57 m)   Lituania Ainārs Kovals   Finlandia Tero Pitkämäki
Londres 2012   Keshorn Walcott (84,58 m)   Finlandia Antti Ruuskanen   República Checa Vítězslav Veselý
Río de Janeiro 2016   Alemaña Thomas Röhler (90,30 m)   Kenya Julius Yego   Keshorn Walcott

Mulleres editar

Edición   Ouro   Prata   Bronce
Los Ángeles 1932   Estados Unidos Mildred Didrikson (43,69 m)   Alemaña Ellen Braumüller   Alemaña Tilly Fleischer
Berlín 1936   Alemaña Tilly Fleischer (45,18 m)   Alemaña Luise Krüger   Polonia Maria Kwasniewska
Londres 1948   Austria Herma Bauma (45,57 m)   Finlandia Kaisa Parviainen   Dinamarca Lily Carlstedt
Helsinqui 1952   Checoslovaquia Dana Zátopková (50,47 m)   Unión Soviética Aleksandra Chudina   Unión Soviética Yelena Gorchakova
Melbourne 1956   Unión Soviética Inese Jaunzeme (53,86 m)   Chile Marlene Ahrens   Unión Soviética N. Konyayeva
Roma 1960   Unión Soviética Elvira Ozolina (55,98 m)   Checoslovaquia Dana Zátopková   Unión Soviética Birutė Kalėdienė
Toquio 1964   Romanía Mihaela Peneș (60,54 m)   Hungría Márta Rudas   Unión Soviética Yelena Gorchakova
México 1968   Hungría Angéla Németh (60,36)   Romanía Mihaela Peneș   Austria Eva Janko
Múnic 1972   Alemaña Oriental Ruth Fuchs (60,36 m)   Alemaña Oriental Jacqueline Todten   Estados Unidos Kate Schmidt
Montreal 1976   Alemaña Oriental Ruth Fuchs (65,94 m)   Alemaña Occidental Marion Becker   Estados Unidos Kate Schmidt
Moscova 1980   Cuba María Caridad Colón (68,40 m)   Unión Soviética Saida Gunba   Alemaña Oriental Ute Hommola
Ángeles 1984   Reino Unido Tessa Sanderson (69,56 m)   Finlandia Tiina Lillak   Reino Unido Fatima Whitbread
Seúl 1988   Alemaña Oriental Petra Felke (74,68 m)   Reino Unido Fatima Whitbread   Alemaña Oriental Beate Koch
Barcelona 1992   Alemaña Oriental Silke Renk (68,34 m)   Equipo Unificado Natalya Shikolenko   Alemaña Oriental Karen Forkel
Atlanta 1996   Finlandia Heli Rantanen (67,94 m)   Australia Louise McPaul   Noruega Trine Hattestad
Sidney 2000   Noruega Trine Hattestad (68,91 m)   Grecia Mirela Maniani   Cuba Osleidys Menéndez
Atenas 2004   Cuba Osleidys Menéndez (71,53 m)   Alemaña Steffi Nerius   Grecia Mirela Maniani
Beijin 2008   República Checa Barbora Špotáková (71,42 m)   Rusia Mariya Abakumova   Alemaña Christina Obergföll
Londres 2012   República Checa Barbora Špotáková (69,55 m)   Alemaña Christina Obergföll   Alemaña Linda Stahl
Río de Janeiro 2016   Croacia Sara Kolak (66,18 m)   Suráfrica Sunette Viljoen   República Checa B. Špotáková

Medallas nos Campionatos Mundiais de Atletismo editar

Homes editar

Edición   Ouro   Prata   Bronce
Helsinqui 1983   Alemaña Oriental Detlef Michel   Estados Unidos Tom Petranoff   Unión Soviética Dainis Kūla
Roma 1987   Finlandia Seppo Räty   Unión Soviética Viktor Yevsyukov   Checoslovaquia Jan Železný
Toquio 1991   Finlandia Kimmo Kinnunen   Finlandia Seppo Räty   Unión Soviética Vladimir Sasimovich
Stuttgart 1993   República Checa Jan Železný   Finlandia Kimmo Kinnunen   Reino Unido Mick Hill
Gotemburgo 1995   República Checa Jan Železný   Reino Unido Steve Backley   Alemaña Boris Henry
Atenas 1997   Suráfrica Marius Corbett   Reino Unido Steve Backley   Grecia Konstadinos Gatsioudis
Sevilla 1999   Finlandia Aki Parviainen   Grecia Konstadinos Gatsioudis   República Checa Jan Železný
Edmonton 2001   República Checa Jan Železný   Finlandia Aki Parviainen   Grecia Konstadinos Gatsioudis
París 2003   Rusia Sergey Makarov   Estonia Andrus Värnik   Alemaña Boris Henry
Helsinqui 2005   Estonia Andrus Värnik   Noruega Andreas Thorkildsen   Rusia Sergey Makarov
Osaka 2007   Finlandia Tero Pitkämäki   Noruega Andreas Thorkildsen   Estados Unidos Breaux Greer
Berlín 2009   Noruega Andreas Thorkildsen   Cuba Guillermo Martínez López   Xapón Yukifumi Murakami
Daegu 2011   Alemaña Matthias de Zordo   Noruega Andreas Thorkildsen   Cuba Guillermo Martínez López
Moscova 2013   República Checa Vítězslav Veselý   Finlandia Tero Pitkämäki   Rusia Dmitriy Tarabin
Beijin 2015   Kenya Julius Yego   Exipto Ihab El-Sayed   Finlandia Tero Pitkämäki
Londres 2017   Alemaña Johannes Vetter   República Checa Jakub Vadlejch   República Checa Petr Frydrych

Mulleres editar

Edición   Ouro   Prata   Bronce
Helsinqui 1983   Finlandia Tiina Lillak   Reino Unido Fatima Whitbread   Grecia Anna Verouli
Roma 1987   Reino Unido Fatima Whitbread   Alemaña Oriental Petra Felke   Alemaña Oriental Beate Peters
Toquio 1991   China Xu Demei   Alemaña Petra Felke   Alemaña Silke Renk
Stuttgart 1993   Noruega Trine Hattestad   Alemaña Karen Forkel   Belarús Natalya Shikolenko
Gotemburgo 1995   Belarús Natalya Shikolenko   Romanía Felicia Ţilea   Finlandia Mikaela Ingberg
Atenas 1997   Noruega Trine Hattestad   Australia Joanna Stone   Alemaña Tanja Damaske
Sevilla 1999   Grecia Miréla Manjani   Rusia Tatyana Shikolenko   Noruega Trine Hattestad
Edmonton 2001   Cuba Osleidys Menéndez   Grecia Miréla Manjani   Cuba Sonia Bisset
París 2003   Grecia Miréla Manjani   Rusia Tatyana Shikolenko   Alemaña Steffi Nerius
Helsinqui 2005   Cuba Osleidys Menéndez   Alemaña Christina Obergföll   Alemaña Steffi Nerius
Osaka 2007   República Checa B. Špotáková   Alemaña Christina Obergföll   Alemaña Steffi Nerius
Berlín 2009   Alemaña Steffi Nerius   República Checa Barbora Špotáková   Rusia Maria Abakumova
Daegu 2011   Rusia Maria Abakumova   República Checa Barbora Špotáková   Suráfrica Sunette Viljoen
Moscova 2013   Alemaña Christina Obergföll   Australia Kimberley Mickle   Rusia Maria Abakumova
Beijin 2015   Alemaña Katharina Molitor   China Lü Huihui   Suráfrica Sunette Viljoen
Londres 2017   República Checa B. Špotáková   China Li Lingwei   China Lü Huihui

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Javelin throw (Lanzamnto de xavelina) na Enciclopedia Británica. consulata o 26 de agosto de 2018 (en inglés).
  2. "Lanzamiento de Jabalina". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008. 
  3. "Ana Peleteiro, dobre mellor mellor marca xuvenil en triplo (12.80m e 13.04m)". Real Federación Española de Atletismo. 29 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  4. 14th IAAF World Junior Championships Triple Jump women. Results Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
  5. La Voz de Galicia (21 de junio de 2009). "La pobrense Lidia Parada Santos, campeona de España juvenil de lanzamiento de jabalina". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  6. Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina. La Voz de Galicia, 30-03-2011.
  7. Lidia Parada y Jessica Rial brillaron en el nacional sub-23. La Voz de Galicia, 2 de xullo de 2013.
  8. "All Time Top Lists - Senior Outdoor - Javelin Throw Men". IAAF. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  9. "Miguel de la Quadra en Roma". 27 de setembro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  10. "All Time Top Lists - Senior Outdoor - Javelin Throw Women". IAAF. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  11. Aplicouse a modificación —anterior á celebración destes Xogos Olímpicos— da xavelina, acercando á punta o centro de gravidade desta. Este cambio introduciuse para facer que a xavelina caera antes, xa que se comezaban a realizar marcas que excedían a lonxitude dos campos de caída, co conseguiente perigo. Renovouse o récord olímpico, sendo batido por Jan Železný na calificación cunha marca de 85,90 m, distancia que non superaría na final.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar