Halle é a cidade máis grande do Bundesland (estado federal) de Saxonia-Anhalt e a quinta máis grande de Alemaña oriental. Halle atópase no sur do estado federal nas ourelas do río Saale. A cidade é o centro cultural do estado federal e o centro económico de Saxonia-Anhalt do sur.

Modelo:Xeografía políticaHalle
Halle (Saale) (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°28′58″N 11°58′11″L / 51.4828, 11.9697Coordenadas: 51°28′58″N 11°58′11″L / 51.4828, 11.9697
EstadoAlemaña
Estado federadoSaxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación242.083 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.792,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie135,03 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porSaale e Weisse Elster (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude87 m-110 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoBernd Wiegand (2012–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal06108–06132 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0345 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDEE02 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán15002000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Savannah
Oulu (1972–)
Coímbra (1975–)
Linz (1975–)
Grenoble (1976–)
Karlsruhe (1987–)
Hildesheim (1990–)
Ufa (1997–)
Jiaxing (pt) Traducir (2009–)
Sfax (2014–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webhalle.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: stadt.hallesaale Twitter: stadt_halle Instagram: stadt_halle_saale Editar o valor em Wikidata
Casa de nacemento de Händel. Hoxe día Museo de Händel.
Museo da Prehistória do Land Saxonia-Anhalt (Landesmuseum für Vorgeschichte) co Disco de Nebra.

Historia editar

O nome de Halle deriva do alemán antigo e quere dicir "sal". As fontes de auga salgada de Halle son produto dunha situación xeolóxica especial, a chamada falla da praza do mercado de Halle foi empregada en tempos remotos, como o demostran as novas escavacións arqueolóxicas feitas na área da praza do mercado, que corroboran a importancia do sal para a cidade. O sal era a principal actividade comercial da cidade, como en moitas cidades na Idade Media. Actualmente o sal non representa un comercio importante, mais como proba da súa importancia no pasado, fundouse un museo no chamado Saline xunto o río Saale.

August Hermann Francke tivo unha grande influencia e fundou un orfanato no que albergou a máis de 1000 nenos. É coñecido como o fundador do pietismo. Hoxe a área do orfanato é unha cidade escolar onde se atopan diferentes tipos de escolas, institutos e bibliotecas da Universidade, unha biblioteca histórica, unha gardaría de nenos, un museo, unha librería e a Fundación da Cultura da República Federal de Alemaña.

En Halle viviu durante pouco tempo Martiño Lutero; na rúa "Rannische Straße" colocouse unha placa conmemorativa na fachada da casa. A cidade é tamén coñecida por ser a cidade de orixe do baixista da banda Tokio Hotel, Georg Listing.

Na Halle sufriu moitos danos na súa periferia, debido a que no sur da cidade se atopaban as fábricas químicas (Leuna). O centro da cidade case non foi bombardeado e hoxe en día presume de ter o conxunto de edificios catalogados de Alemaña.

Entre 1949 e 1990, Halle formou parte da República Democrática Alemá (RDA).

Economía editar

Esta cidade tiña no ano 2012 unha taxa de desemprego do 10,3%.[1] A metalurxia é un sector clave na localidade, como tamén o é a Universidade (Universidade Martiño Lutero de Halle-Wittenberg), que en 2011 tiña 20.872 estudantes.[2]

Cultura editar

O famoso compositor de música clásica Georg Friedrich Händel naceu e viviu ata os 18 anos en Halle.[3] Actualmente pódese visitar a súa casa, convertida en museo.

Relixión editar

A maior parte da poboación de Halle non profesa relixión ningunha. A igrexa evanxélica e a católica teñen presenza formal e histórica. O colexio cristián máis famoso é o Elisabeth-Gymnasium.

Os franciscanos en Halle levan a cabo a tarefa da logoterapia, unha nova terapia desenvolta a finais da segunda guerra mundial, principalmente por superviventes dos campos de concentración.

Cidades irmandadas editar

Cidades irmandadas
  Oulu   Finlandia 1972
  Linz   Austria 1975
  Coímbra   Portugal 1976
  Grenoble   Francia 1976
  Karlsruhe   Alemaña 1987
  Hildesheim   Alemaña 1990
  Ufa   Rusia 1997
  Jiaxing   República Popular da China 2009
Savannah   Estados Unidos 2011

Lugares de interese editar

Notas editar

  1. "Arbeitslosenquote der 15- bis unter 25-Jährigen bezogen auf alle zivilen Erwerbspersonen" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013. 
  2. "Halle - Datos y hechos" (en español). 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  3. "Retrato de la ciudad de Halle". Deutsche Welle 14.03.2003 (en español). 2003. Arquivado dende o orixinal o 24/11/2007. Consultado o 07/12/2007. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2012. 
  5. [1]
  6. [2]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar