Lanius

xénero de aves

Lanius

Lanius excubitor, coa súa presa
cravada nuna espiña
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Corvida
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Laniidae
Xénero: Lanius
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto

Lanius é un xénero de aves da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das integrantes da familia dos lánidos.

Son paxaros de rechamante aspecto, co peteiro ganchudo e comportamento moi similar ao dos falcóns, xa que son depredadores que adoitan cazaren outros paxaros como xílgaros, pequenos roedores como o rato de campo e insectos grandes.

Un costume típico destas aves é a de inserir as súas vítimas en espiñas a modo de pequenas despensas ás que acode en caso de necesidade.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito por Linneo en 1758, na décima edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía editar

Para escoller o nome do xénero Linneo adoptou o substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría', debido ao costume das especies deste xénero de penduraren os corpos de pequenos vertebrados e de grandes insectos cravándoos en espiñas, como quedou dito antes.

Especies editar

Na actualidade recoñécense no xénero as 29 especies seguintes:[1][2]

Galería editar

En Galicia editar

En Galicia pódense atopar as seguintes especies pertencentes ao xénero Lanius:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Lanius Linnaeus, 1758 no ITIS.
  2. Lanius Linnaeus 1758 na EOL.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar