Lagopus

Xénero de aves
(Redirección desde «Lagópodos»)

Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.

Comprende tres especies coñecidas como lagópodos.[1]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson.[2]

Etimoloxía

editar

O nome científico Lagopus está formado pola unión dos elementos do latín científico lago- e -pus. O primeiro deriva da raíz do substantivo do grego antigo λαγὠς lagṓs, 'lebre'; e o segundo, de ποδόσ podós, xenitivo de πούς poús, 'pé'.[3] Literalmente: 'os de pés de lebre' (ou 'os de pés como os da lenre').

Especies

editar
 
Lagopus muta, macho en plumaxe invernal, no Xapón.
 
Lagopus leucura, en Alberta.

Na actualidade recoñécense no xénero as tres especies seguintes:[2][4]

Nota sobre os nomes vulgares

editar

A Real Academia Galega, no seu Dicionario, define lagópodo como «Zooloxía. Ave da orde dos galiformes, de tamaño mediano, coa plumaxe que varía do pardo ao branco, os tarsos e os dedos cubertos de plumas, da que existen varias especies».[1]

Para usarmos un nome diferente para cada unha das especies, séguese o criterio da Academia: «As escollas normativas deber ser harmónicas coas das outra linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, ...»[5]

Nomes noutras linguas romances
  • Lagopus lagopus
    • Castelán: lagópodo común
    • Catalán: lagòpede comú
  • Lagopus leucura
    • Castelán: lagópodo coliblanco
    • Francés: lagopède à queue blanche
    • Portugués: lagópode-de-cauda-branca
  • Lagopus muta
    • Castelán: perdiz nival, lagópodo alpino
  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagópodo.
  2. 2,0 2,1 Lagopus Brisson, 1760 no ITIS.
  3. Lagopus no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  4. Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press.
  5. Do § 4 da "Introdución" ás NOMIG, 1ª ed., revisada, maio de 1995.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar