Julio César Britos

futbolista e adestrador uruguaio

Julio César Britos Vázquez, nado en Montevideo o 18 de maio de 1926 e finado o 27 de marzo de 1998, foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba de extremo dereito.

Julio César Britos
Información persoal
Nome Julio César Britos Vázquez
Nacemento 18 de maio de 1926
Lugar de nacemento Montevideo
Falecemento 27 de marzo de 1998
Lugar de falecemento Montevideo
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1947–1953 Peñarol
1953–1955 Real Madrid 3 (2)
1961 Deportivo Portugués
Adestrador
Deportivo Portugués
1964 Deportivo Galicia
1966 Guaraní
1969 Deportivo Galicia
Portuguesa FC
1972 Estudiantes de Mérida
Deportivo Táchira
1976 Deportivo Galicia
Na rede
FIFA: 69722 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi internacional coa selección do Uruguai e membro do equipo que gañou a Copa do Mundo de 1950, aínda que non chegou a xogar no torneo.[1]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Militou durante varios anos no Peñarol, club co que gañou tres veces o campionato de Primeira División do Uruguai. En maio de 1953 fichou polo Real Madrid,[2] onde apenas tivo protagonismo. Disputou só 3 partidos oficiais en dous anos no club branco, co que gañou a liga na súa primeira tempada. Marcou dous goles, ante Osasuna no seu debut oficial e ante o Athletic de Bilbao.

Selección uruguaia editar

Foi 11 veces internacional coa selección uruguaia, coa que debutou en 1947 nun partido da Copa América ante Colombia en Guayaquil, encontro no que marcou o primeiro dos seus 6 goles coa selección. Tres anos despois formou parte do equipo uruguaio no Mundial de 1950 no Brasil. Con todo, non chegou a debutar no torneo, no que a súa selección se proclamou campioa mundial ao derrotar á selección brasileira no Maracanazo.

Como adestrador editar

Despois de colgar as botas desenvolveu unha carreira como adestrador, dirixindo a equipos de varios países. Entre eles, adestrou en varias etapas o Deportivo Galicia de Caracas, co que gañou dúas veces a liga de Primeira División de Venezuela,

Faleceu o 27 de marzo de 1998.[3]

Palmarés editar

Como futbolista editar

Peñarol
Real Madrid
Selección uruguaia

Como adestrador editar

Deportivo Galicia

Notas editar

  1. "World Cup Champions Squads 1930 - 2018". rsssf.com (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2022. 
  2. "Jugador uruguayo al Real Madrid". La Región (en castelán) (11503). 12 de maio de 1953. p. 4. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  3. "Britos también falleció". ABC (en castelán). 28 de marzo de 1998. p. 78. Consultado o 10 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar