Guayaquil,[1] oficialmente Santiago de Guayaquil, é a cidade máis poboada de Ecuador, capital da provincia de Guayas. Situada no centro do país, o leste da cidade está na beira do río Guayas, a uns 20 quilómetros da súa desembocadura no océano Pacífico. É ademais un importante centro de comercio con influencia a nivel rexional no ámbito comercial, de finanzas, cultural, e de entretemento. A cidade é a cabeceira cantonal do cantón homónimo.

Modelo:Xeografía políticaGuayaquil
Imaxe

HimnoCanción al Nueve de Octubre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Mapa
 2°11′24″S 79°53′15″O / -2.19, -79.8875Coordenadas: 2°11′24″S 79°53′15″O / -2.19, -79.8875
EstadoEcuador
ProvinciaGuayas
CantónGuayaquil Editar o valor em Wikidata
Capital de
Guayas (1830–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.650.288 (2022) Editar o valor em Wikidata (7.476,55 hab./km²)
Xeografía
Superficie354,48 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Guayas e Golfo de Guayaquil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude4 m Editar o valor em Wikidata
Creación15 de agosto de 1534 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónSantiago o Maior Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAquiles Alvarez (2023–2027) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal090101 - 090158 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico04 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webguayaquil.gob.ec Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

É a cidade con maior densidade de poboación no Ecuador, cun total de 2 278 691 habitantes segundo o último censo no 2010. Actualmente a cidade de Guayaquil ten unha poboación flotante de 2 634 016 de habitantes, tendo en conta unha taxa anual media de crecemento de poboación de 2,70%. A cidade propiamente dita cobre 344,5 km² de superficie, dos cales 316,42 km² (91,9%) corresponden á terra firme mentres que os restantes 28,08 km² (8,1%) pertencen aos corpos de auga que comprenden ríos e esteiros.

Historia editar

Fundada definitivamente en 1547 como estaleiro e porto comercial ao servizo da Coroa española, logo de varios outros intentos de fundación, serviu de punto principal na política e economía da nación. Foi sede de grandes revolucións e levantamentos ao longo da historia, sendo a primeira cidade ecuatoriana en obter de forma definitiva a súa independencia de España en 1820. Logo foi capital da Provincia Libre de Guayaquil que se desintegrou para formar parte da Gran Colombia. Dende 1830 forma parte da República de Ecuador como importante eixo político. A revolución marcista, que expulsou o militarismo estranxeiro, a revolución liberal, liderada polo xeneral Eloy Alfaro, a folga xeral de novembro, de orientación anarcosindicalista, a revolución de maio, de carácter popular, entre outras, son importantes puntos na historia da nación que se desenvolveron na cidade.

Economía editar

Guayaquil destácase entre as cidades ecuatorianas polo seu elevado uso de transporte público e pola densidade total e a diversidade da súa poboación. O porto da cidade é un dos máis importantes da costa do Pacífico Oriental. O 70% das exportacións privadas do país sae polas súas instalacións, ingresando o 83% das importacións. Ademais, pola súa posición de centro comercial, denominouse á cidade como "A capital económica de Ecuador" por varios anos, isto é debido á cantidade de empresas, fábricas, e locais comerciais que existen en toda a cidade. Outro alcume moi común entre a poboación é o de "A perla do Pacífico".

Deportes editar

Coma no resto de Ecuador, o deporte mais popular na cidade é o fútbol. Guayaquil acolle dous dos clubs máis laureados e populares do país, o Barcelona Sporting Club e o Club Sport Emelec. Ámbolos dous clubs naceron no barrio do Estaleiro, polo cal o encontro no que se enfrontan é coñecido como Clásico do Estaleiro. Outros equipos de fútbol salientables da cidade son o CD Everest, o CS Patria e o AD 9 de Octubre.

De Guayaquil é o mellor tenista ecuatoriano da historia, Andrés Gómez, quen gañou o torneo de Roland Garros en 1990, vencendo naquela final a Andre Agassi. Actualmente o tenista número 1 do país e o tamén guayaquileño Nicolás Lapentti.

En 1982 tivo lugar en Guayaquil o Campionato Mundial de Natación.

Galería editar

Notas editar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar