Juani Bermejo Vega

investigadora en computación cuántica española

Juani Bermejo Veiga, nada en Cáceres en 1987, é unha investigadora en computación cuántica española, activista e a muller transxénero máis sénior en computación cuántica dentro de Europa.[1][2][3]

Infotaula de personaJuani Bermejo Vega
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Cáceres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Director de teseJuan Ignacio Cirac Sasturain (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , física , engenheira de sistemas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Libre de Berlín Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: queenofquanta Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bermejo estudou o dobre grao de informática e física na Universidade de Salamanca. A súa vocación científica vén en parte pola súa tía Pastora Vega Cruz, catedrática de enxeñaría de sistemas e automática nesa mesma universidade.[2][3] Tras estudar un ano da carreira no Canadá en 2008, decidiu dedicarse á investigación en computación cuántica. O seu traballo doutoral fíxoo en Múnic no equipo do físico Juan Ignacio Cirac.[1]

Durante o doutoramento realizou unha estancia no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) de Boston. Tras doutorarse, estivo tres anos como investigadora na Universidade Libre de Berlín. En 2019, regresou a España grazas a un contrato de investigación Marie Curie-Athenea3i na Universidade de Granada.[1] É unha das poucas científicas transxénero do mundo co seu nivel en computación cuántica, e a máis sénior neste campo en Europa, e a única profesora transxénero en computación cuántica de Europa.[3]

Iniciou o seu proceso de transición en 2018 e saíu do armario en 2019, en Berlín. Esta transición fíxolle perder autoridade, o que lle levou a reflexionar que, se empezase antes o proceso, a súa carreira científica poderíase ver prexudicada debido aos prexuízos.[4][3]

Na súa faceta de divulgadora na academia e activista feminista e LGTBIQ, Bermejo Veiga é cofundadora do proxecto Q-Turn, unhas xornadas cuánticas onde prima a variedade nos perfís dos relatores. Trátase de conferencias inclusivas, que dan protagonismo a mulleres e grupos minoritarios, e nun ambiente relaxado e próximo.[2][3][4][5]

Recoñecementos editar

  • Bolsa de investigación Athenea3i-Marie (Sklodowska) Curie.[6][7]
  • Elixida entre os 20 granadinos aos que seguir en 2020 polo medio dixital Ideal.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Juani Bermejo-Vega: “Cuando transicioné, perdí autoridad”" (en local). Consultado o 2020-06-27. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "JB: "La divulgación científica es más potente en España que en Alemania"" (en castelán). 2019-12-16. Consultado o 2020-06-27. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Colomé, Jordi Pérez (2019-12-05). "“Muchos se sorprenden al saber que soy trans. Imagina cuando se enteran de que soy informática cuántica”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-27. 
  4. 4,0 4,1 Marchena, Carmen (2020-04-07). "Juani Bermejo-Vega: “En la investigación científica no es sencillo experimentar con tu identidad de género”" (en castelán). Consultado o 2020-06-27. 
  5. Gil, Lydia (2020-06-04). "Juani Bermejo-Vega, informática cuántica | #CienciaArcoíris" (en castelán). Consultado o 2020-06-27. 
  6. Marchena, Carmen (2020-04-07). "Juani Bermejo-Vega: “En la investigación científica no es sencillo experimentar con tu identidad de género”" (en castelán). Consultado o 2020-06-27. 
  7. Lis, Patricia Fernández de (2020-06-21). "Aquí empieza la revolución cuántica". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-27. 
  8. "20 granadinos a los que seguir en 2020" (en castelán). 2020-01-07. Consultado o 2020-06-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas