Juan Garrido Canales

futbolista español

Juan Garrido Canales, nado en Ossa de Montiel (Albacete) o 22 de novembro de 1966, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.

Canales
Información persoal
Nome Juan Garrido Canales
Nacemento 22 de novembro de 1966 (57 anos)
Lugar de nacemento Ossa de Montiel
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1985 Real Madrid 1 (0)
1986–1989 Real Madrid B 62 (0)
1989–1990 Xerez 2 (0)
1990–1991 Logroñés 30 (0)
1991–1997 Deportivo da Coruña 31 (0)
1997–1999 Las Palmas 14 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Canales comezou a destacar nas filas do Eldense. En 1983 foi contratado polo Real Madrid CF, club no que compite no seu equipo xuvenil e no Real Madrid Castilla, xogando un único partido co primeiro equipo. Na tempada 1989–90 foi contratado polo Xerez CD, co que competiu en Segunda División B. Na tempada seguinte xogou no CD Logroñés en Primeira División, realizando unha gran campaña e xogando 30 partidos.

Na tempada 1991–92 foi contratado polo Deportivo da Coruña, sendo o porteiro suplente no tempo do Súper Dépor á sombra de Liaño. Nos seis anos que permaneceu na Coruña xogou un total de 31 partidos de Liga, gañando nesa etapa unha Copa do Rei e unha Supercopa.

En 1997 marchou ao UD Las Palmas de Segunda División, sendo o porteiro suplente durante 3 tempadas. Na tempada 1999–00 xogou no Universidad de Las Palmas CF e colgou as botas no Eldense en 2004.

Despois da súa retirada Canales foi adestrador de porteiros en equipos como o Hércules CF ou o Alicante CF.

Palmarés editar

Real Madrid
Deportivo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar