Primeira división española 1991/92

A tempada 1991/92 da Primeira división española de fútbol, que foi a 61ª edición do campionato, comezou o 31 de agosto de 1991 e rematou o 7 de xuño de 1992. O FC Barcelona revalidou o título da tempada anterior e fixo dobrete ao conquistar a súa primeira Copa de Europa.

Antes de iniciarse o campionato, o 5 de xullo de 1991, o Goberno español aprobou un Real Decreto que obrigaba a converterse en sociedade anónima deportiva a todos os clubs da categoría con números vermellos nos seus balances nos últimos cinco exercicios. O Decreto prevía a exclusión da LFP daqueles clubs que non lograsen a súa reconversión durante a presente tempada, fixándose como data límite para iso o 18 de xuño de 1992.

Participantes e estadios editar

Tomaron parte no torneo 20 clubs, entre eles un debutante, o Albacete Balompié, que se converteu no 50º equipo en xogar na Primeira División de España.

 
O Estadio Carlos Belmonte, de Albacete, estreouse esta tempada como campo de Primeira División.
Equipo Cidade Estadio
Albacete Balompié Albacete Carlos Belmonte
Athletic Club Bilbao San Mamés
Atlético de Madrid Madrid Vicente Calderón
FC Barcelona Barcelona Camp Nou
Real Burgos CF Burgos El Plantío
Cádiz CF Cádiz Ramón de Carranza
Deportivo da Coruña A Coruña Riazor
RCD Español Barcelona Sarrià
CD Logroñés Logroño Las Gaunas
RCD Mallorca Palma Lluís Sitjar
CA Osasuna Pamplona El Sadar
Real Oviedo Oviedo Carlos Tartiere
Real Madrid CF Madrid Santiago Bernabeu
Real Sociedad de Fútbol Donostia Atocha
Sevilla FC Sevilla Ramón Sánchez Pizjuán
Sporting de Gijón Xixón El Molinón
CD Tenerife Santa Cruz de Tenerife Heliodoro Rodríguez López
Valencia CF Valencia Mestalla
Real Valladolid Valladolid Nuevo José Zorrilla
Real Zaragoza Zaragoza La Romareda

Clasificación final editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1 FC Barcelona 38 23 9 6 87 37 50 55
2 Real Madrid 38 23 8 7 78 32 46 54
3 Atlético de Madrid 38 24 5 9 67 35 32 53
4 Valencia CF 38 20 7 11 63 42 21 47
5 Real Sociedad 38 16 12 10 44 38 6 44
6 Real Zaragoza 38 17 7 14 40 41 -1 41
7 Albacete 38 16 8 14 45 47 -2 40
8 Sporting de Gijón 38 15 8 15 37 43 -6 38
9 Burgos CF 38 12 13 13 40 43 -3 37
10 CD Logroñés 38 13 10 15 36 51 -15 36
11 Real Oviedo 38 14 8 16 41 46 -5 36
12 Sevilla FC 38 13 8 17 48 45 3 34
13 CD Tenerife 38 12 10 16 46 50 -4 34
14 Athletic Club 38 13 7 18 38 58 -20 33
15 CA Osasuna 38 10 13 15 30 40 -10 33
16 RCD Espanyol 38 12 8 18 43 60 -17 32
17 Deportivo da Coruña 38 8 15 15 37 48 -11 31
18 Cádiz CF 38 7 14 17 32 55 -23 28
19 Real Valladolid 38 7 13 18 31 53 -22 27
20 RCD Mallorca 38 10 7 21 30 49 -19 27
Liga de Campións da UEFA
Copa da UEFA
Recopa de Europa
Promoción de permanencia en Primeira
Descenso a Segunda

Trofeo Pichichi editar

Manolo, do Atlético de Madrid logrou o trofeo do Diario Marca ao máximo goleador da Primeira División.

# Xogador Equipo Goles
  Manuel Sánchez, 'Manolo' Atlético de Madrid 27
  Fernando Hierro Real Madrid 21
  Hristo Stoichkov FC Barcelona 17
  Ronald Koeman FC Barcelona 16
  Juan Antonio Pizzi CD Tenerife 15
  Emilio Butragueño Real Madrid 14
  Gregorio Fonseca Real Valladolid 14
  Anton Polster CD Logroñés 14
  Meho Kodro Real Sociedad 13
  Michael Laudrup FC Barcelona 13
  Luboslav Penev Valencia CF 13
  José Luis Zalazar Albacete Balompié 13

Trofeo Zamora editar

Paco Buyo, considerado un dos mellores gardametas da historia do Real Madrid, logrou este ano o segundo Trofeo Zamora da súa carreira.

Para optar a este premio do Diario Marca foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.

# Xogador Equipo Goles Partidos Media
  Francisco Buyo Real Madrid 27 35 0,77
  Abel Resino Atlético de Madrid 29 31 0,93
  Andoni Cedrún Real Zaragoza 35 36 0,97
  José Luis González Real Sociedad 37 38 0,97
  Andoni Zubizarreta FC Barcelona 36 36 1,00

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar