Juan Carlos Touriño

futbolista arxentino

Juan Carlos Touriño Cancela, nado en Buenos Aires o 14 de xuño de 1944 e finado na mesma cidade o 7 de marzo de 2017,[1][2] foi un futbolista e poeta arxentino de orixe galega. Xogaba como defensa e foi internacional coa selección española.

Touriño
Información persoal
Nome Juan Carlos Touriño
Nacemento 14 de xullo de 1944
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 7 de marzo de 2017
Lugar de falecemento Buenos Aires
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1962 Villa Modelo
1962–1966 Dock Sud
1966–1970 Quilmes 112 (1)
1970–1976 Real Madrid 106 (0)
1977 Independiente Medellín
1977 Quilmes
1978 Gimnasia y Esgrima 42 (1)
1979 San Lorenzo (Mar del Plata
1980 Chacarita Juniors
Selección nacional
1972 España 1 (0)
Adestrador
Gimnasia y Esgrima
1983–1984 Palencia
1984–1985 Recreativo de Huelva
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixe e primeiros anos editar

Naceu no barrio bonaerense de Parque Patricios, sendo fillo de dous galegos que fuxiran do seu país durante a Guerra civil instalándose en Nueva Pompeya.[3][4][5] Seu pai era natural da Coruña.[6] Estudou para perito mercantil e aspiraba a traballar no negocio de importación de papeis que rexentaba seu pai.[4] Ao mesmo tempo xogaba nun equipo de barrio, o Villa Modelo, do que pasou aos 18 anos ao Dock Sud.[3]

Como futbolista editar

Sen demasiado interese polo fútbol e despois de probar con River Plate e San Lorenzo, aos 21 anos ingresou no Quilmes.[3] Con este equipo debutou directamente na Primeira división, sen ter pasado antes por outras categorías inferiores.[4] Xogou no equipo de Quilmes ata 1970. En 1968 estivo a piques de fichar polo Pontevedra, debido ás boas referencias que tiña del o adestrador do club, o tamén arxentino de orixe galega Héctor Rial, pero o seu traspaso frustrouse por problemas de documentación.[7] Ao ano seguinte reforzou ao Racing Club nunha xira por Europa e África.[5]

Finalmente chegou ao fútbol español en 1970, cando fichou polo Real Madrid. Debutou na Primeira división española na xornada 9 da tempada 1970/71, contra o Ahletic de Bilbao no Santiago Bernabéu, saíndo de titular en lugar de Sanchís.[5] Disputou nove encontros na súa primeira campaña no equipo dirixido por Miguel Muñoz, que contaba con defensas como Benito, Zoco, José Luis ou o propio Sanchís, ata que sufriu unha lesión. A situación mudou na seguinte campaña, na que foi titular en case todos os partidos, contabilizando 37 encontros entre todas as competicións, e conquistando a liga por diante do Valencia.

En febreiro de 1972, nun partido contra o Córdoba, fracturoulle a tibia e o peroné a Francisco Causanilles,[8] o que o sumiu nunha depresión que estivo a piques de facerlle abandonar o fútbol. Con todo, foi convencido polos dirixentes do Real Madrid para continuar a súa carreira.[5]

Mantivo a titularidade nas dúas seguintes tempadas, nas que debutou na Copa de Europa e gañou unha Copa do Xeneralísimo. Na 1974/75, xa co iugoslavo Miljan Miljanić no banco, xogou 22 partidos, gañando tanto a liga como a Copa, mentres que na seguinte só apareceu en tres encontros, sumando, con todo, unha terceira liga ao seu palmarés. Disputou un total de 134 partidos oficiais nas súas seis tempadas no Real Madrid.

En 1977 pasou brevemente por Colombia, onde xogou nas filas do Independiente Medellín, regresando a continuación a Quilmes. En 1978 fichou por Gimnasia y Esgrima, onde xogou antes de pasar polo San Lorenzo de Mar del Plata e polo Chacarita Juniors, onde colgou as botas en 1980.

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección española nunha ocasión, o 12 de xaneiro de 1972, nun partido amigable contra Hungría no estadio Santiago Bernabéu. Formou na defensa xunto con Sol, Gallego e Tonono, nun encontro no que España venceu por 1-0.[9]

Como adestrador editar

Trala súa retirada traballou no sindicato Futbolistas Argentinos Agremiados.[5] Foi tamén adestrador e dirixiu na Arxentina ao Gimnasia y Esgrima e en España ao Palencia e ao Recreativo de Huelva, ambos da Segunda División.[5]

Como poeta editar

Amante da poesía, admiraba entre outros a Mario Benedetti, Miguel Hernández e Pablo Neruda. En 1993 publicou unha colección de poemas co título de Trigo y cardos.[5][10]

Vida persoal editar

Casou en Madrid con Graciela Martínez, coa que tivo cinco fillos: Daniel, nado en España; Caterina, nada en Colombia; e Alejandro, Javier e Elián, nados na Arxentina.[5]

Obra literaria editar

  • Trigo y cardos (1993).

Notas editar

  1. "Falleció Juan Carlos Touriño". Real Madrid Club de Fútbol (en castelán). 8 de marzo de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  2. "Murió Juan Carlos Touriño, ex jugador de Quilmes y Real Madrid" (en castelán). 9 de marzo de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "El Madrid ficha a Touriño, el mejor lateral del fútbol argentino" (en castelán). 23 de setembro de 1970. Consultado o 5 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "1970. "Yo quiero hablar con los botines¨". El Gráfico (en castelán). 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 "La otra mirada: Juan Carlos Touriño. Ex futbolista. Dirigente de Agremiados." (en castelán). 24 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  6. "Touriño, defensa argentino, a prueba por el Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de setembro de 1970. p. 15. 
  7. "Touriño, defensa argentino, a prueba por el Madrid". El Progreso (en castelán) (19010). 15 de setembro de 1968. p. 6. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  8. Ávalos, Rafael (21 de agosto de 2014). "Dignas derrotas en un Bernabéu en blanco y negro". eldiario.es (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  9. "1-0 Merecido triunfo español". El Pueblo Gallego (en castelán) (17694). 13 de xaneiro de 1972. p. 12. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  10. Veiga, Gustavo (10 de marzo de 2017). "El jugador que amaba la poesía" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar