José Serafín Pena Souto
José Serafín Pena Souto, nado na Coruña o 22 de maio de 1928 e finado en Lugo o 3 de febreiro de 2016,[1] foi un empresario e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1928 A Coruña, España |
Morte | 3 de febreiro de 2016 (87 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Nado na Coruña, desde os catro anos criouse na casa de Fouz de Recimil. Estudou o bacharelato nos Maristas de Lugo. Iniciouse como empresario instalando mesas de futbolín nos establecementos de hostalaría, logo montou o primeiro salón de máquinas recreativas do norte de España no Campo Castelo de Lugo. Foi empresario da construción e taurino, e despois dedicouse á hostalería. Participou nas eleccións municipais en Lugo durante o franquismo polo chamado “terzo familiar”. Despois foi militante de Alianza Popular, e logo do Partido Popular. Foi concelleiro en Lugo desde 1974 ata 2007. Varias veces Tenente de Alcalde, foi tamén Síndico do Concello de Lugo. Foi deputado no Parlamento de Galicia na III e IV lexislaturas (1989-1997). Participou na elaboración da Lei do Xogo de Galicia, e fundou a primeira asociación Galega de Empresas Operadoras, da que foi presidente. Foi Vicepresidente do Club Deportivo Lugo.
Notas editar
- ↑ "Fallece el exconcejal José Serafín Pena Souto". El Progreso (en castelán). Consultado o 25/07/017.